DRAMA (G-H-I)
GOOD BYE, LENIN! (2003)
Berlín, outubro de 1989. Uns días antes da caída do Muro, a nai de Alex, unha muller orgullosa das súas ideas comunistas, entra en coma. Cando esperta oito meses despois, o seu fillo fará o posible e o imposible para que non se decate de que está a vivir nunha Alemaña reunificada e capitalista. O seu obxectivo é converter o apartamento familiar nunha illa ancorada no pasado, unha especie de museo do socialismo no que a súa nai viva comodamente crendo que nada cambiou.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
GRAN TORINO (2008)
Walt Kowalski (Clint Eastwood), veterano da guerra de Corea, é un obreiro xubilado do sector do automóbil recentemente enviuvado. Está apaixonado polo seu coche, un Gran Torino de 1972. Home inflexíbel e rabechudo, a quen lle custa traballo asimilar os cambios que se producen ao seu arredor, especialmente á chegada de multitude de inmigrantes asiáticos ao seu rueiro. Así e todo, as circunstancias farán reformularse as súas ideas.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
HEROÍNA (2005)
Na década dos oitenta, Pilar (Adriana Ozores), descobre que un dos seus tres fillos é adicto á heroína. Despois dun lapso inicial de incertidume, Pilar toma contacto con outros pais nunha situación similar, estes acoden a un precario centro municipal de axuda ó toxicómano, pero pronto se dá conta de que son moitas as cousas que teñen que cambiar fóra e dentro da casa para que o seu fillo se poida salvar. Así nace o seu desexo de facer algo más que lamentarse e emprende así xunto con outros pais, pero, sobre todo, nais, unha viaxe traballosa de denuncia do narcotráfico en Galicia.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
HOTEL RWANDA (2004)
1994, guerra civil de Ruanda. Os odios ancestrais entre os hutu e os tutsi provocan o asasinato do presidente do país, disturbios nas rúas e, finalmente, unha terrible matanza entre as dúas etnias. Paul, que é hutu, traballa como xerente dun hotel de Kigali e, cando empezan os disturbios, decide que o mellor refuxio é o hotel. E cara alí organiza unha fuxida non só da súa familia, senón tamén dos seus veciños tutsi.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
INVICTUS (2009)
En 1990, tras ser posto en liberdade, Nelson Mandela (Morgan Freeman) chega
á Presidencia do seu país e decreta a abolición do "Apartheid". O seu obxectivo era levar a cabo unha política de reconciliación entre a maioría negra e a minoría branca. En 1995, a celebración
en Sudáfrica da Copa Mundial de Rugby foi o instrumento utilizado polo líder negro para construír a unidade nacional.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME