AVENTURAS-ACCIÓN (RESTO)
007: GOLDENEYE (1995)
Nas súas vacacións, o axente Bond atópase coa bela e letal Xenia Onatopp, que tenta facerse cos planos dun novo helicóptero invulnerábel ás interferencias. Mentres tanto, a programadora do exército ruso, Natalya Siminova, é a única supervivente do seu equipo a un macabro plan do xeneral Ourumov para conseguir Goldeneye, unha arma espacial ultrasecreta que emite pulsos nucleares que inutilizan calquera equipo electrónico. Bond formará equipo con Natalya para descubrir os delincuentes tras o roubo.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
007: NUNCA DIGAS ENDEXAMÁIS
NERVER SAY NEVER AGAIN (1983)
A temíbel organización criminal Spectra ideou un enxeñoso plan que lle permite conseguir dous proxectís nucleares, os cales farán estalar se o goberno non cede á súa chantaxe. O axente James Bond encargarase do caso.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
007: OCTOPUSSY (1983)
O axente 009, compañeiro de James Bond, é asasinado en Berlín Oriental, aínda que é quen de chegar á residencia do embaixador británico antes de morrer, levando consigo un ovo de Pascua, creado por Fabergé. Especialistas do Servizo Secreto británico constatan que se trata dunha falsificación, que será subhastada en breve. O feito de que nun curto período de tempo se vendesen pezas semellantes esperta as sospeitas dos responsábeis de Intelixencia, que temen unha manobra rusa para recadar fondos destinados a operacións escuras.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
007: PANORAMA PARA MATAR
THE VIEW TO A KILL (1985)
Bond recibe a orde de desenmascarar a Max Zorin, un misterioso empresario, que semella ser espía da KGB, e ameaza con dominar o mundo cos seus revolucionarios microchips. Aliado a poderosas empresas de tecnoloxía punteira, o seu obxectivo é destruír a falla de San Andrés, provocando un terremoto de irreversíbeis consecuencias.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
1612 (2007)
No ano 1604 en Varsovia, o rei lituano-polaco Segismundo III recoñeceu ao monxe fuxitivo Grigori Otrepiev como o Zar Dmitri, fillo de Iván o Terríbel. O falso Dmitri converteuse secretamente ao catolicismo, reuniu a un exército e emprendeu a marcha sobre Moscova.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME