AVENTURAS-ACCIÓN (RESTO)
007: A ESPÍA QUE ME AMOU
THE SPY WHO LOVED ME (1977)
A misteriosa desaparición de dous submarinos nucleares esixe a colaboración dos mellores axentes dos servizos secretos británico e soviético: James Bond e a maior Amasova. Detrás de todo encóntrase o magnate Stromberg, que se propón destruír a humanidade para fundar unha nova civilización baixo o mar.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
007: ALTA TENSIÓN
THE LIVING DAYLIGHTS (1987)
O axente 007 enfróntase a unha nova misión en Bratislava: foi designado expresamente polo xeneral Koskov, un desertor da KGB, para que o protexa. Despois da súa fuxida, Koskov reúnese en Londres coa organización de Bond e cóntalles que o xeneral Puskin ten a intención de asasinar unha serie de axentes británicos. Bond non cre a historia de Koskov. Despois descobre que Koskov se acha en Tánxer co xeneral Whitaker, un traficante de armas.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
007: CONTRA O DR. NO
DR. NO (1962)
James Bond chega a Xamaica coa misión de investigar os asasinatos dun axente especial británico e a súa secretaria. Mais, ao mesmo tempo, descobre a existencia dunha sinistra organización na illa Crab Key. Nesta ocasión, o seu inimigo é o Doutor No, que, coa axuda do profesor Dent, se propón desviar a traxectoria dos foguetes de Cabo Canaval.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
007: LICENZA PARA MATAR
LICENCE TO KILL (1989)
O axente 007 está indo á caza e captura dun perigoso narcotraficante latinoamericano, con implicacións persoais de por medio: o capo da droga matou a un amigo seu, Félix Leiter, axente da CIA, e Bond desexa vingarse.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
007: MOONRAKER
MOONRAKER (1979)
James Bond recibe a orde de localizar a nave espacial Moonraker, que desapareceu de xeito misterioso. As súas primeiras pescudas lévano a seguir ao millonario Hugo Drax, o construtor da nave. Tras ser capturado por Drax, Bond descobre que o vilán posúe unha base de lanzamento de foguetes espaciais coa que se propón esparexer un gas tóxico que acabe coa vida terrestre, pero esta non é máis que a primeira fase dun perverso plan que Bond tentará frustrar coa axuda da Doutora Goodhead.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME