BÉLICA (A-B-C)
A LISTA DE SCHINDLER
SCHINDLER´S LIST (1993)
Oskar Schindler (Liam Neeson), un home de enorme astucia e talento para as relacións públicas, organiza un ambicioso plan para gañar a simpatía dos nazis. Despois da invasión de Polonia polos alemáns (1939), consegue, grazas ás súas relacións cos nazis, a propiedade dunha fábrica de Cracovia. Alí emprega centos de operarios xudeus, cuxa explotación o fai prosperar rapidamente. O seu xerente (Ben Kingsley), tamén xudeu, é o verdadeiro director na sombra, pois Schindler carece completamente de coñecementos para dirixir unha empresa.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
ATA ONDE OS PÉS ME LEVEN
SO WEIT DIE FÜSSE TRAGEN (2001)
Narra a incríbel e interminábel viaxe que o soldado alemán Clemens Forell emprendeu na súa dramática fuxida dun campo de concentración de Siberia despois da II Guerra Mundial. A través do cru inverno siberiano, e coa única obsesión de regresar coa súa familia, Forell ten que percorrer, pasiño a pasiño, un difícil camiño ata chegar a Irán e dese xeito poder salvar a súa vida e acadar a liberdade.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
CHE: O ARXENTINO
CHE: EL ARGENTINO - CHE: THE ARGENTINE (2008)
Baseado no diario do famoso guerrilleiro e revolucionario Ernesto 'Che' Guevara, narra o período da guerrilla en Serra Mestra, baixo o mando de Fidel Castro, dende o desembarco do Gramma en decembro de 1956, ata a fuxida de Batista, presidente que gobernou Cuba co beneplácito dos americanos dende 1952. No Festival de Cine de Cannes emitiuse integramente (case 4 horas e media). Nos cines comerciais emítese dividida en dúas películas: "Che: O arxentino" e "Guerrilla"
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
CHE: GUERRILLA (2008)
Segunda parte do filme rodado integramente. Narra as derradeiras vivencias do Che en Bolivia, onde foi apresado e fusilado. O seu corpo endexamais apareceu. O que se ve no filme deixa un regusto de tristura e desolación, como a constatación inapelábel da imposibilidade da utopía, como a deconstrucción definitiva dos motivos que converteron a figura do che nun mito.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
CORAZÓNS DE FERRO
CASUALTIES OF WAR (1989)
Recén incorporado ao seu pelotón, na xungla vietnamita, o soldadoEriksson (Michael J. Fox) é testemuña dun crime brutal cometido polos seus compañeiros. Incapaz de permanecer á marxe, enfrontarase ao resto do pelotón, pero sobre todo ao sarxento Tony Meserve (Sexan Penn), un home enérxico e carismático pero alporizado polo horror e a brutalidade da guerra.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR SUBTÍTULOS