DRAMA (A-B-C)
AGORA OU NUNCA
THE BUCKET LIST (2007)
Dous enfermos terminais de cancro, de carácteres e mundos completamente opostos, inician unha amizade. Edward Cole (Jack Nicholson) é un fachendoso millonario mentres que Carter Chambers (Morgan Freeman) é un modesto mecánico. A pesar de todo, deciden emprender xuntos unha última viaxe para poder facer, antes de morrer, todas as cousas que sempre desexaron.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
A HISTORIA DE XESÚS
THE STORY OF JESUS (1979)
Conta a historia de Xesús Cristo tomada dende o punto de vista do evanxeo de Lucas. O seu nacemento, a súa vida, morte e resurreción. Máis de dúas horas de filme que entreterá a crentes e non crentes. Un filme dobrado a unha morea de linguas minoritarias.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
AMUNDSEN (2019)
Roald Amundsen, o ambicioso explorador noruegués está decidido a facer unha expedición ao Ártico Polar para adiantarse aos británicos, que pretenden incorporar a Antartida ao seu imperio. A pesar dos consellos que lle dá o seu círculo de amigos, decide facer a viaxe custe o que custe, aínda que teña que mentir e enganar á xente que o acompaña.
Cando chegan alí, atopan unha imaxe moi diferente. As temperaturas, as condicións meteorolóxicas e os perigos derivados de ambas convértense nun obstáculo que lles custará a vida a moitos. Cando as mortes comezan a producirse, Admundsen abandona o seu equipo, deixao para sobrevivir.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
AS AMIZADES PERIGOSAS
DANGEROUS LIAISONS (1988)
Francia, século XVIII. A perversa e engaiolante Marquesa de Merteuil (Glenn Close) planea vingarse do seu último amante coa axuda do seu vello amigo, o Vizconde de Valmont (John Malkovich), un sedutor tan amoral e depravado coma ela. Unha virtuosa muller casada, Madame de Tourvel (Michelle Pfeiffer), da que Valmont se namora, verase involucrada nas insidiosas maquinacións da marquesa.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
BARRABÁS
BARABBA (1961)
Barrabás é un personaxe misterioso, citado breve e exclusivamente no Novo Testamento. El sería un criminal condeado á morte pola xustiza romana, que acaba ceibe por vontade do populacho xudeo.
O escritor sueco, Pär Lagerkvist creou unha obra de ficción onde Barrabás pasa por varias situacións críticas, sexa como escravo-mineiro ou como gladiador, e a lembranza de Xesús parece perseguilo todo o que lle resta de vida.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
CONTROL (2007)
Narra os últimos anos de Ian Curtis, o enigmático cantante da banda Joy Division e icona do post-punk inglés, ata o seu tráxico suicidio en 1980, na véspera da primeira turnê norteamericana de Joy Division. Como lle afectou o dramático conflito entre o grande amor que sentía pola súa muller e a apaixonada relación coa súa amante, os seus ataques de epilepsia, o seu extraordinario talento e as súas irresistíbeis actuacións en directo.
Servidor Audio/lingua Subtítulos