C. FICCIÓN (A-B-C)
BATMAN EMPEZA
BATMAN BEGINS (2005)
Bruce Wayne ve como os seus pais morren asasinados, o que marca o seu carácter para toda a súa vida e faille sentir uns terríbeis desexos de vinganza. Tras esvaecerse durante anos da cidade de Gotham, na procura de consello e educación en Oriente da man do líder do culto ninja Ra´s Al Ghul, volta finalmente á cidade de Gotham para descubrir que a mafia e o crime o domina todo, e que ademais lle está a roubar a compañía que herdara dos seus pais.
Michael Caine , Morgan
Freeman
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
BUCK ROGERS NO SÉCULO XXV
BUCK ROGERS IN THE 25TH CENTURY (1979)
En 1987, a NASA enviou a nave de proba Ranger III ao espazo profundo. Debido a unha choiva de meteoros, a nave desvíase da súa órbita prevista e permanece á deriva durante cincocentos anos. O seu único ocupante, o capitán William "Buck" Rogers, é atopado en animación suspendida por un barco do Imperio Draconiano, no ano 2491. Unha vez desconxelado, o confuso Buck descobre que os Draconianos, un pobo guerreiro, están planeando un ataque e unha invasión sorpresa da Terra. Buck escapa no Ranger III e chega ao noso mundo futurista no século 25.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
CÓDIGO 46
CODE 46 (2003)
Unha visión futurista de Shangai que presenta unha sociedade na que os recordos poden ser borrados e os perigos poden predicirse. William, enviado a Shangai para investigar unha fraude na compañía de seguros Sphinx, ten un virus que lle permite ler a mente dos demais. Maria, que traballa en Sphinx creando "papelles", documentos indispensables para que a xente poida facer calquera cousa, é a persoa que está a cometer a fraude, vendendo "papelles" falsos ás persoas que Sphinx non admite como asegurados.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
CÓDIGO FONTE
SOURCE CODE (2011)
O capitán Colter Stevens (Jake Gyllenhaal), un soldado que forma parte dun programa experimental do goberno para investigar un atentado terrorista, esperta na pel dun viaxeiro do tempo cuxa misión é vivir unha e outra vez o atentado a un tren ata que consiga dar co culpábel. Guiado por unha oficial de comunicacións (Beira Farmiga) que controlará a Stevens na súa viaxe a través do tempo, no tren o mozo coñecerá unha viaxeira.
Cartel en portugués
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
CONSTANTINE (2005)
John Constantine naceu cun don que non desexaba, a capacidade de recoñecer de xeito claro ós anxos e ós demos híbridos que andan pola terra baixo unha imaxe humana, Constantine víuse empurrado a quitarse a súa propia vida para fuxir da atormentadora claridade da súa visión. Mais resucitou e atopouse de novo no mundo dos vivos. Agora, cunha esperanza de vida temporal, patrulla a fronteira terrenal entre o ceo e o inferno, agardando gañar o camiño á salvación enviando ós esbirros do demo de volta ás profundidades.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
CONTACT (1997)
Cumprindo o seu desexo infantil máis fervente, Ellie traballa nun programa internacional de búsqueda de intelixencia extraterrestre. A súa fe cega merma o seu prestixio científico, ata que un día capta un sinal de radio procedente dunha remota estrela.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME