C.FICCIÓN (A-B-C)
A ILLA
THE ISLAND (2005)
Ano 2019. Lincoln Eco-Seis e Jordan Delta-Dos encóntranse entre os centos de residentes dunha especie de campo de concentración. Dentro dese lugar coidadosamente vixiado, a súa vida cotiá está rigorosamente controlada e chea de restricións. A única saída consiste en ser elixido para ir a "A illa", o único lugar do mundo que non sufriu os efectos contaminantes dun desastre ecolóxico que, ao parecer, acabou con todos os homes, agás os habitantes desa zona.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
BATMAN CONTRA SUPERMAN: O AMENCER DA XUSTIZA
BATMAN V. SUPERMAN: DAWN OF JUSTICE (2016)
Bruce Wayne chega a Metrópole ó descubrir que a cidade está sendo atacada por kryptonianos. O empresario tenta chegar a Wayne Enterprises para evacuar ós seus empregados pero o edificio é destruído antes de que Jack O'Dwyer, home de confianza de Bruce, consiga saír, morrendo no incidente. A pelexa entre Superman e o xeneral Zod non só acabou coa vida de O'Dwyer, senón que causou a morte de ducias de persoas e unha gran destrución na cidade, e Wayne ve a Superman como unha ameaza potencial para a humanidade. Batman enfrontarase a Superman, temeroso de que o seu afán de poder termine nubrando a súa loita contra a inxustiza e o converta nun vilán.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
BRAZIL (1985)
Nun estraño futuro deprimente onde reinan as máquinas, unha mosca cae dentro dun ordenador e cambia o apelido do guerrilleiro Harry Tuttle (Robert de Niro) polo do tranquilo pai de familia Harry Buttle, que é detido e asasinado polo aparato represor do Estado. O tranquilo burócrata Sam Lowry (Jonathan Pryce) é o encargado de devolver un talón á familia da vítima, circunstancia que lle permite coñecer a Jill Layton (Kim Greist), a muller dos seus soños. E, mentres a persegue, fai amizade con Harry Tuttle e convértese no seu cómplice.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
CATWOMAN (2004)
Patience Philips é unha muller tranquila que traballa como deseñadora gráfica para a compañía de cosméticos Hedare Beauty. Nun fatídico xiro dos acontecementos, a tranquila vida de Patience vese alterada para sempre cando oe por casualidade unha conversa que revela que o novo produto antiavellentamento de Hedare é unha fraude. Atrapada no lugar equivocado no peor momento posíbel, Patience é asasinada para manter a salvo o segredo de Hedare.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
CUBE (1997)
Seis persoas aparecen encerradas nun complexo labirinto de cuartos cúbicos que agochan trampas mortais. Descoñecen como puideron chegar alí, pero axiña descobren que deberán resolver certos enigmas e sortear con habilidade todas as trampas se queren sobrevivir.
Servidor Audio/lingua Subtítulos