Inicio> BENICIO DEL TORO
Che: Guerrilla 2008
O que se ve na pantalla deixa un regusto de tristura e desolación, como a constatación inapelábel da imposibilidade da utopía, como a deconstrucción definitiva dos motivos que converteron a figura do Che en mito. Narra o periodo do Che en Bolivia e a súa morte.
Che: O arxentino 2008
Veraz e complexo cine para un larguísimo retrato do Che. O traballo de Benicio del Toro é tan impresionante como sobrio, tan complicado como veraz. Narra o periodo do Che en Sierra Maestra baixo o mando de Fidel Castro, segundo o seu diario que el escribiu.
Snath, cochos e diamantes 2000
Ladróns de diamantes, matóns a soldo, apostadores ilegais e xitanos peculiares, mestúranse nun delirante e violento filme con moito humor negro dirixido polo singular Guy Ritchie. Fiel ao seu estilo, sen medias tintas, o director inglés volveu non defraudar aos seus numerosos seguidores e reafirmar os seus detractores. Brad Pitt sorprende coa súa fantastica actuación.