Carteleira-2
Sinopse: Unha cuadrilla de obreiros alemáns senta campamento nun pobo búlgaro para levantar unha central hidráulica. Molesta o descaro fachendoso do seu despregamento, ofende a saña eficiente con que desarraigan a paisaxe, e agravian coas súas suores masculinas de beberse a paga e asubiar agudo ao paso das mozas. Vai estalar o conflito.
Proxectado en:
Título galego: As estrelas de cine non morren en Liverpool
Título orixinal: Film stars don´t die in Liverpool
Director: Paul McGuigan
Pais: Reino Unido
Ano: 2017
Duración: 106 min.
Xénero: Drama, romántico, biográfico
Produción: EON P., IM. Global, Lionsgate
Idade axeitada: Maiores de 12 anos
Data de estrea: 18/05/2018
Sinopse: Era a súa nova veciña, unha diva de Hollywood, alegre, divertida e chea de enerxía. El era un novo actor que comezaba a cultivar tímidos éxitos no Liverpool de finais dos 70. Pero nin a diferenza de idade entre eles nin a fama impediron o flechazo que deu lugar a unha das historias de amor máis apaixonadas e comentadas da época... Baseada nas memorias do actor Peter Turner.
Sinopse: Unha banda de ladróns tenta realizar un enorme roubo ao Tesouro dos Estados Unidos para facerse cun botín de 600 millóns de dólares mentres un furacán categoría 5 achégase ao lugar...
Sinopse: Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade
ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do alude de acontecementos que a arroiará nas próximas horas. Unha fugaz aventura cun
executivo será o preámbulo cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control.
Sinopse: Nun pobo abatido durante a Guerra de Iraq en 2009, o sarxento Allen Locke atópase ferido e só, inmobilizado detrás dunha parede en ruínas. Locke e o seu compañeiro Hobbs están baixo o lume da infame "Pantasma", un francotirador iraquí terriblemente letal. Hobbs tamén está ferido, posiblemente morto, e está exposto á intemperie, lonxe da protección da parede. "Estou do seu lado." A voz do francotirador iraquí soa na canle de comunicación de Locke.
Proxectado en:
Sinopse: Violette está en idade de casar cando en 1852 o seu pobo é brutalmente privado de todos os seus homes tras a represión ordenada por Napoleón III. As mulleres pasan meses illadas totalmente.Desesperadas por ver aos seus homes de novo, fan un xuramento: se un home vén, será para todas. A vida debe continuar no ventre de todas e cada unha delas.
Sinopse: Manel, físico prometedor e algo neurótico, proponse demostrarse como a súa relación con Elena, cotizada modelo e actriz en cernes, non foi un completo desastre pola súa culpa, senón porque estaba determinada desde un principio polas mismísimas leis da física, aquelas que descubriron xenios como Newton, Einstein ou os pais da mecánica cuántica. E especialmente polas tres leis da termodinámica.
Sinopse: Un grupo de amigos deciden xogar a unha partida a Verdade ou reto. Pero o que inicialmente semella unha inofensiva partida onde cada un dos participantes revelan de xeito despreocupado os seus aparentes segredos ou aceptan enfrontarse a un reto, todo termina converténdose nun misterioso xogo letal onde alguén, ou algo, comezará a perseguir e a asasinar aos diferentes participantes da partida se non cumpren o reto ou non din a verdade.
Sinopse: Marco échevos un tipo sen moito optimismo que, por vicisitudes da vida, acaba adestrando a un equipo de baloncesto formado por mozos con discapacidade. Contra a súa vontade comeza a tarefa mais, o que empeza sendo un traballo forzado, remata axudándolle a saír da súa crise existencial.
Sinopse:
Evelyn (Emily Blunt) e Lee (John Krasinski) son unha parella con tres fillos que vive nunha granxa illada de toda civilización ao norte de Nova York. Esta familia sobreviviu durante meses nun mundo invadido e ameazado por mortais criaturas extraterrestres que se guían polo son para cazar.
Sinopse:
O todopoderoso Thanos espertou coa promesa de arrasar con todo ao seu paso, portando o Guantelete do Infinito, que lle confire un poder incalculábel. Os únicos que son quen de pararlle os pés son os Vengadores e o resto de superheroes da galaxia, que deberán estar dispostos a sacrificalo todo por un ben maior.
Sinopse: Carme leva máis de 30 anos matándose pola irmandade do seu pobo e o seu soño é converterse en irmá maior da mesma, sendo isto algo utópico nun círculo social aínda na actualidade representado por homes principalmente. Despois de producirse unha votación, Ignacio é elixido irmán maior e, tras un desafortunado accidente, Carme déixao inconsciente e ten que escondelo na súa casa.
Sinopse:
Un grupiño de amigos que se reúne de xeito periódico pra pasar unha noite de xogos atópanse unha noite tratando de resolver o misterio dun asasinato
Sinopse: En 1976 un avión de Air France con 248 pasaxeiros a bordo foi secuestrado por dous palestinos da Fronte Popular para a Liberación de Palestina e dous alemáns das Células Revolucionarias alemás, sendo desviado ao Aeroporto Internacional de Entebbe, en Uganda. Os secuestradores esixían a liberación de máis de 50 palestinos detidos en diferentes países.
Sinopse: Drama sobre o narcotraficante colombiano Pablo Escobar, baseado no libro 'Amando a Pablo, odiando a Escobar', escrito pola xornalista colombiana Virginia Vallejo, onde conta a relación amorosa que mantivo co narcotraficante na década dos 80.