Inicio> MEL GIBSON
Eternamente novo (1992)
Comedia romántica que aborda o tema da hibernación. Daniel McCormick (Mel Gibson), piloto de probas, é un home ao que todo lle vai ben na vida. Todo cambia unha mañá na que a súa noiva, Helen, ten un desgraciado accidente. Desolado, ofrécese voluntario para un experimento secreto: O corpo de Daniel queda conxelado nunha cápsula experimental. En 1992, máis de cincuenta anos despois, dous nenos descobren a cápsula e desconxelan o corpo,
Conspiración (1997)
Entretida fita de suspense protagonizada por Julia Roberts e Mel Gibson. A trama do filme é moi orixinal e resulta, ademais, bastante críbel. A fita contén momentos realmente interesantes, tensos e intrigantes. A fita consegue manter e fixar o interese da historia dende o principio da película, malia que o final sexa rápido, absurdo e inferior ao resto da metraxe, como adoita acontecer no cine americano.
Mad Max (1979)
Orixinal película mestura de ciencia-ficción e western. O talento e orixinalidade de George Miller maniféstanse en acadar este espectáculo cunha grande economía de medios. Unha película de acción de estrada, con escenas de persecución moi vistosas, violenta e cunha duración xusta como para non estoxar.
Maverick (1994)
Nominado a un Orcar ao mellor vestiario, é un western entretido que trata sobre o xogo con gran ironía e saber facer do seu reparto. Ambientada en Misouri e cun James Garner que sobre sae.
Rescate (1996 )
Atractiva entrega de intriga, con axeitadas doses de emoción e unha repartición ateigada de estrelas. Mel Gibson é un multimillonario propietario dunha empresa aérea. A súa apracíbel e envexábel vida cáese cando secuestran o seu fillo.