Inicio> TOM HANKS
Algo para recordar (1993)
Remake de "Tí e eu", de Leo McArey, con Cary Grant e Deborah Kerr. O arquitecto Sam Baldwin (Tom Hanks) atópase moi abatido. O seu fillo Jonah chama a un programa de raio pra contar a súa historia o dia de Nadal. Miles de mulleres escóitano: unha delas, Annie Reed (Meg Ryan), que está a piques de casar empeza a obsesionarse coa idea de coñecer a Sam antes de casar co seu noivo.
Náufrago (2000)
Un náufrago, a amizade co seu balón e o insumerxíbel amor pola súa rapaza nunha historia onde o tempo e a distancia cambiouno todo. Zemeckis dirixe con pulso firme e autenticidade este filme didáctico, cautivador e emotivo sobre a supervivencia, a esperanza e a perda.
Salvar ao soldado Ryan (1998)
Tras o desembarco dos Aliados en Normandía, a un grupo de soldados americanos encoméndaselle unha perigosa misión: poñer a salvo ao soldado James Ryan. Os homes da patrulla do capitán John Miller (Tom Hanks) deben arriscar as súas vidas para encontrar este soldado, cuxos tres irmáns morreron na guerra. O único que se sabe do soldado Ryan é que se lanzou co seu escuadrón de paracaidistas detrás das liñas inimigas.
Tes un correo (1988)
Remake modernizado de "O bazar das sorpresas" de Ernest Lubitsch. Kathleen Kelly, a propietaria dunha pequena librería de contos infantís, sinte que está en perigo o seu negocio cando unha cadea de grandes librerías abre un local ao lado da súa tenda. Cando coñece a Joe Fox, o fillo do dono da cadea, sentirá unha grande antipatía. Mais ámbolos dous descoñecen que manteñen unha relación por correo electrónico.