CLÁSICO (L-M-N)
LUCES DA CIDADE
CITY LIGHTS (1931)
Unha tenra historia de amor protagonizada por Chaplin. Inicia un romance cunha pobre florista cega (Virxinia Cherrill), quen o toma por un millonario. Cando descobre que van embargar a casa da rapaza se non reúne diñeiro abondo, proba sorte en diferentes traballos para evitar este feito. Este pobre vagabundo (Charles Chaplin) pasa mil e un avatares para conseguir diñeiro e poder axudar á pobre pequena cega da que se namorou
Servidor
VER FILME
lingua
Subtítulos
VER FILME
METRÓPOLE
METROPOLIS (1927)
Nunha megalópole do ano 2000, os obreiros están condenados a vivir recluídos nun gueto baixo terra, onde se atopa o corazón industrial da cidade. Por iso, incitados por un robot, rebélanse contra a clase dominante e ameazan con destruír a cidade exterior. Freder (Gustav Frölich), o fillo do soberano de Metrópole, e María, unha rapaza de orixe humilde, tentarán evitar a destrución apelando aos sentimentos e ao amor.
Servidor
VER FILME
lingua
Subtítulos
VER FILME
MÚSICA E BÁGOAS
THE GLENN MILLER STORY (1953)
Glen Miller foi un dos máis famosos músicos de jazz da "era do swing". En 1925 empezou a tocar o trombón nunha pequena banda de provincias e, despois dunha xira por pobos e cidades, instalouse en Nova York. Ata alí chegou a súa noiva para casar. A voda foi unha histórica sesión musical dirixida polo gran Louis Armstrong. A partir de entón a carreira de Glenn Miller estivo chea de éxitos.
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
VER FILME