Inicio>  MICHAEL CAINE

A orixe (2010)

 

Co seu desafío á física, estrondosa acción, sobrecolledora emoción e unha interpretación extraordinaria de DiCaprio, Nolan entrega outra vez algo verdadeiramente orixinal: benvidos a un país descoñecido. Un excitante thriller de ciencia ficción que é tan inquietante como parece. Este é un entretemento popular cunha pegada tan intensa e desconcertante que che fará preocuparte por se é seguro pechar os ollos pola noite.

 

 

Batman empeza   (2005)

 

Coidadosamente pensada e extremadamente ben elaborada, é unha seria adaptación do cómic que se guía pola historia, pola psicoloxía e pola realidade, non polos efectos especiais. O director Nolan presenta os elementos do xénero familiar dun xeito completamente novo, xamáis visto.

 

Evasión ou vitoria  (1981)

 

Filme realizado por John Huston e escrito por Evan Jones e Yabo Yablonsky, a partir dun borrador de guión previo, inspirado nun feito real vivido durante a Segunda Guerra Mundial polos xogadores do Dynamo de Kiev. 

Na película interveñen como actores futbolistas da elite mundial, como Bobby Moore, Paul Van Himst, Osvaldo Ardiles, Pelé e outros.

 

Fillos dos homes (2006)

 

Cuarón pinta un apaixonante lúgubre retrato dunha Gran Bretaña sumida na anarquía no ano 2027. O mexicano filma a súa mellor película en EUA cunha potente adaptación dunha angustiosa historia futurista consegue atraparte e poñerte os pelos de punta.

 

 

O cuarto protocolo  (1987)

 

Excepcional relato de espionaxe baseada na exitosa novela de Frederick Forsyth, acerca dun complot contra a O.T.A.N nos intres máis álxidos da guerra fría, que acaba devindo nun enfrontamento persoal entre un axente británico, interpretado por Michael Caine, coa súa pericia habitual, e un desalmado e pasional axente dobre da K.G.B, interpretado con gran credibilidade por Pierce Brosna

 

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática