Inicio>   MORGAN FREEMAN

 

Agora ou nunca  (2007)

 

Un filme sobre a morte que che fai sentir ben. Dous enfermos terminais con personalidades e clase social totalmente opostas, deciden emprender xuntos unha última viaxe para poder facer, antes de morrer, todas as cousas que sempre desexaron.

 

Batman empeza   (2005)

 

Coidadosamente pensada e extremadamente ben elaborada, é unha seria adaptación do cómic que se guía pola historia, pola psicoloxía e pola realidade, non polos efectos especiais. O director Nolan presenta os elementos do xénero familiar dun xeito completamente novo, xamáis visto.

 

Cidade sen lei (2005)

 

Un novo reporteiro investiga o asasinato dun traficante de drogas porque sospeita que hai algo turbido detrás do crime. O seu xefe bótao, pero ao ver que un policía o ameazavólveo readmitir. Unha historia chea de intriga e denuncia.

 

Estalido (1995)

 

O americanizado director alemán Wolfgang Petersen tráenos outro thriller vistoso e trepidante ao seu xeito, con soldados, helicópteros, e moita acción patriótica. Petersen desenvolve unha trama moi efectiva e bastante críbel en torno ao virus: o seu deseño, a súa propagación, os seus síntomas, os seus protocolos, etc.

 

Invictus (2009)

 

Unha moi boa historia moi ben contada. Cada escena reborda abraiantes detalles, que se acumulan nun rico compendio de historia, impresións culturais e emoción.

Million Dollar Baby (2004)

 

Narra a historia de Frankie Dunn (Eastwood), duns 70 anos, antigo adestrador de grandes púxiles. Vive encerrado entre as paredes do ximnasio "Tip Hit", que comparte con Eddie Scrap (Morgan Freeman), antigo pupilo e vello amigo. Frankie vive atormentado pola separación da súa filla e por sentimentos de culpa derivados de feitos pasados non explicados. Un día preséntase no ximnasio Maggie Fitzgerald (Hilary Swank), camareira, de 31 anos, empeñada en que Frankie a adestre, ao que este se nega.

 

Robin Hood: o principe dos ladróns  (1991)

 

Tras volver das cruzadas, o nobre saxón Robin de Locksey descobre que o príncipe Xoán, aproveitando a ausencia do rei Ricardo Corazón de León, usurpou o trono e intenta impoñer a tiranía. Este filme tiv un grande éxito de despacho. O mellor, Morgan Freeman e un comezo orixinal que se aparta de adaptacións anteriores.

 

Sen perdón (1992)

 

Épica crepuscular, nostálxica e pesimista a partes iguais. Non hai idealización do personaxe malia debuxalo dende certo, e inevitábel, romanticismo. Unha reflexión sobre a violencia e a desmitificación duns heroes que xa Ford apuntara maxistralmente. Eastwood colocou o seu nome na historia do cine se non o fixera antes xa. 

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática