Inicio>   MEG RYAN

Algo para recordar (1993)

 

Remake de "Tí e eu", de Leo McArey, con Cary Grant e Deborah Kerr. O arquitecto Sam Baldwin (Tom Hanks) atópase moi abatido. O seu fillo Jonah chama a un programa de raio pra contar a súa historia o dia de Nadal. Miles de mulleres escóitano: unha delas, Annie Reed (Meg Ryan), que está a piques de casar empeza a obsesionarse coa idea de coñecer a Sam antes de casar co seu noivo.

Cando Harry atopou a Sally (1989)

 

Meg Ryan e Billy Cristal embarcanse nunha relación que os levará por diferentes etapas a través dos anos neste encantador filme sobre a amizade, a guerra de sexos e a vida mesma. A química entre eles dous non foi superada por comedia coñecida ata o de agora, e o famoso gag do orgasmo nin sequera é o mellor dun brillantísimo guión dunha comedia imprescindíbel.  


City of angels (1998)

 

Filme de drama romántico. Cando sentimos unha especie de presenza invisíbel, é que un anxo da garda está entre nós. Este é o caso de Maggie, unha cardióloga pola que empeza a interesarse Seth, un anxo chegado do ceo. O único impedimento na súa relación é a inmortalidade de Seth.

 

Proba de vida  (2000)

 

Historia sobre un americano secuestrado en Latinoamérica, unha esposa desesperada e un mercenario con sentimentos, todo bastante previsíbel. Tras mostrar un recital de interpretación en "O Dilema", o actor australiano Russell Crowe baixa o seu listón, tentando conxugar a acción cunha historia dramática moi pobre.

Tes un correo (1988)

 

Remake modernizado de "O bazar das sorpresas" de Ernest Lubitsch. Kathleen Kelly, a propietaria dunha pequena librería de contos infantís, sinte que está en perigo o seu negocio cando unha cadea de grandes librerías abre un local ao lado da súa tenda. Cando coñece a Joe Fox, o fillo do dono da cadea, sentirá unha grande antipatía. Mais ámbolos dous descoñecen que manteñen unha relación por correo electrónico.

 

The doors  (1991)

 

Filme musical que narra os comezos e o apoxeo do lendario grupo de rock "The Doors", unha banda liderada polo carismático Jim Morrison que conquistou os mozos dos anos sesenta pola súa actitude rebelde, ritmos hipnóticos, letras tan místicas como sociais e explícita posta en escena. Os seus constantes problemas coas autoridades, os seus paseos polos excesos e a súa notoria exhibición das drogas non fixeron senón aumentar o mito de Jim e a súa banda,

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática