AVENTURAS -ACCIÓN (O-P-Q)
O SEÑOR DA GUERRA
LORD OF WAR (2005)
Yuri Orlov, un traficante de armas ruso, percorre os países en guerra intentando eludir non só a persecución dun implacábel axente da Interpol, senón tamén a dos seus rivais no negocio das armas e mesmo a dalgún dos seus clientes, todos eles importantes ditadores.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
OS GOONIES
THE GOONIES (1985)
Os Goonies, un fato de mozos pasan magoados a súa derradeira mañá xuntos, tratando de despedirse antes de que unha empresa de demolición destrúa todo o barrio. Nunha bufarda atopan un mapa dun
pirata do século XVII e póñense en marcha para buscar un tesouro o bastante valioso como para salvar as súas casas. Os Goonies empezan a seguir o mapa (e os seus soños) e penetran nun fabuloso
mundo subterráneo cheo de cavernas, esqueletos, trampas...
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
O TESOURO
EL TESORO (2008)
Fran é un neno que soña con converterse nun lobo de mar. El é fillo de emigrantes galegos a Cataluña, nunca viu o mar dos seus pais. Cando a súa nai morre decide voltar a Galicia, ás raíces familiares. Entón, a droga cruzarase no seu camiño.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
O TESOURO DOS TEMPLARIOS (PARTE III)
TEMPELRIDDERNES SAKAT III: MYSTERIET OM SLANGEKRONEN (2008)
Os catro novos heroes e o Gran Mestre dos Cabaleiros Templarios viaxan a Malta a devolver o tesouro perdido da Coroa da Serpe aos seus xustos propietarios, os Cabaleiros de Malta. Mathias séntese atraído por Elena, unha fermosa e misteriosa muller Maltesa, e antes de que eles poidan reaccionar, a coroa é roubada e Mathias é secuestrado por unha antiga orde de sacerdotes.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
POSEIDÓN (2006)
No Atlántico Norte, a bordo do luxoso trasatlántico Poseidón, comeza a festa de Noite Vella. Mentres tanto, unha xigantesca onda de trinta metros de altura diríxese cara á nave a gran velocidade. A onda golpéao cunha forza colosal e envórcao. Os pasaxeiros e os membros da tripulación caen dende unha grande altura e van parar entre os restos do naufraxio ou somérxense no mar.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
PROBA DE VIDA
PROOF OF LIFE (2000)
Mentres constrúe unha presa en Tecala, no corazón dos Andes, o enxeñeiro norteamericano Peter Bowman é capturado por forzas antigobernamentais durante unha incursión na capital. Cando os rebeldes descobren a súa identidade esixen tres millóns de dólares de rescate. O problema é que a empresa de Peter, con sede en Houston, está ao bordo da bancarrota e cancelou a póliza de seguros contra secuestros. Véndose abandonada pola compañía, a muller de Peter contrata os servizos de Terry Thorne, un negociador profesional.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME