CLÁSICO (O-P-Q)
O GRAN DITADOR
THE GREAT DICTATOR (1939)
Ó final da Primeira Guerra Mundial, un soldado do exército de Tomania, ó salvar a vida do oficial Schultz no seu avión, sofre un accidente e perde a memoria, restando nun hospital por 20 anos. Cando, aínda amnésico, escapa do hospital, regresa á súa cidade, onde abre de novo a súa antiga barbería situada no Ghetto. O país é gobernado polo ditador Adenoid Hynkel, e hai unha brutal discriminación contra o pobo xudeu.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
O MAQUNISTA DA GENERAL
THE GENERAL (1927)
Baseada segundo parece nun feito real, o filme narra os avatares que ten que pasar o mozo Johnny Gray para rescatar a súa locomotora
capturada polo inimigo durante a Guerra de Secesión e de paso converterse nun heroe, e gañarse o respecto dos seus concidadáns e o amor da súa noiva –a segunda cousa que máis quería no mundo
despois da súa General- que o tiña por un covarde.
Cartel en galego
Servidor lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
O VAQUEIRO
GO WEST (1926)
Un mozo que non atopa traballo no seu pobo natal emigra a Nova York en busca dun futuro mellor, pero nada máis chegar sente atafegado pola vida da gran cidade e decide probar sorte en calquera outro sitio. Cae dun tren preto dun rancho e convértese nun vaqueiro moi especial...
Servidor lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
QUE FERMOSO É VIVIR
IT´S A WONDERFUL LIFE (1946)
George Bailey (James Stewart) é un honrado e modesto cidadán que dirixe e mantén a flote un pequeno banco familiar, a pesar dos intentos dun poderoso banqueiro por arruinalo. O dia de Noiteboa de 1945, atordado pola repentina desaparición dunha importante suma de diñeiro, que supoñería non só a quebra do seu banco, senón tamén un grande escándalo, decide suicidarse, pero cando está a piques de facelo acontece algo extraordinario.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
QUO VADIS (1951)
Despois da súa nova vitoria, Marco Vinicio regresa coas súas lexións a Roma, onde se namora dunha moza cristiá chamada Ligia, quen pouco a pouco o vai convertendo ao cristianismo. Nerón, emperador de Roma, decide queimar a cidade e culpar os cristiáns, ordenando botalos aos leóns do circo da cidade. Ao igual que outros moitos cristiáns, Marco e Ligia tamén son condenados.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME