BÉLICA (O-P-Q)
O GRAN RESCATE
THE GREAT RAID (2005)
Na Segunda Guerra Mundial os homes do sexto batallón de Rangers, ás ordes do tenente coronel Henry Mucci (Benjamin Bratt), levaron a cabo unha perigosa misión en Filipinas: percorrer 30 millas a través dun territorio dominado polos xaponeses para rescatar 500 prisioneiros de guerra. Filme baseado en feitos reais.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
O HOME DO CORAZÓN DE FERRO
THE MAN WITH THE IRON HEART (2017)
Ano 1942: O Terceiro Reich está no seu apoxeo. A resistencia checa en Londres decide planificar a operación militar máis ambiciosa da Segunda Guerra Mundial: Anthropoid. Dous mozos recrutas, Jozef Gabcik (Jack Reynor) e Jan Kubis (Jack O'Connell) son enviados a Praga para tentar asasinar ao líder nazi máis cruel de todos, Reinhard Heidrych (Jason Clarke), xefe das temidas SS, Gestapo e arquitecto. da “Solución Final”.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
O PIANISTA
THE PIANIST (2002)
Wladyslaw Szpilman (Adrien Brody), era un dos pianistas polacos máis coñecidos e prestixiosos, pero cando estalou a guerra, coma tantos xudeus, Szpilman e mais a súa familia foron desafiuzados do seu apartamento e amontoados xunto a miles de persoas no gueto de Varsovia, onde o pianista gañou a vida como puido, tocando nos bares nos que se reunían colaboradores e traficantes do mercado negro.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
O SARXENTO DE FERRO
HEARTBREAK RIDGE (1986)
O sarxento Tom Highway (Eastwood), un adicto ao alcohol, parece disposto a arruinar a súa vida persoal, sacrificando a súa muller, aos seus amigos e mesmo a súa reputación, con tal de chegar ao máis alto na carreira militar. Veterano das guerras de Vietnam e Corea, volve aos Estados Unidos para levar a cabo unha misión nada doada: instruír un grupo de novatos desmotivados e indisciplinados para convertelos en auténticos militares.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
O ÚLTIMO SAMURAI
THE LAST SAMURAI (2003)
O capitán Nathan Algren é un home que vive atormentado polos recordos da Guerra Civil Americana e das campañas contra os indios, nas que participou arriscando a súa vida; mais, dende entón, o mundo cambiou radicalmente: o pragmatismo substituíu o valor, o interese persoal ocupou o lugar do sacrificio, e o sentido da honra desapareceu. Nun país moi afastado, outro soldado ve tamén como o seu modo de vida está a piques de desintegrarse. É Katsumoto, o último líder dunha antiga liñaxe de guerreiros, os venerados samuráis.
Cartel en portugués (Portugal)
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME