Abrígate (2008)

 

Comedia romántica galaico-arxentina do director Ramón Costafreda chea de enredos e toques costumistas. Foi rodada nas linguas orixinarias dos personaxes, en galego e en español. Rodouse en terras galegas norte.

 

 

 

Conto de nadal.com (2010)

 

Unha  dramedia que conta a historia dun ex carpinteiro que atopa unha rapaza inmigrante sen papeis, que acaba de dar a luz preto da barraca na que o home fai de vixilante nocturno dunhas obras. O home verase envolto nunha trama criminal que acabará dando pé a un pequeno milagre do Nadal. Argumento de Pep Albanell.

 

 

Entre bateas (2001)

 

Filme desgarrador sobre o mundo do narcotráfico en Galicia.  Conta a historia de Mario, provinte dunha humilde familia, entra no mundo do contrabando de tabaco con apenas 15 anos, xunto a Sego, o seu amigo da infancia. Neste turbulento mundo, a vida sentimental do protagonista veráse afectada, provocando tensións e distanciamientos.

 

 

Heroína (2005)

 

Filme baseado en feitos reais. Pilar descobre que un dos seus tres fillos é adicto á heroína. Despois dun lapso inicial de incertidume, Pilar toma contacto con outros pais nunha situación similar, pero axiña se decata de que son moitas as cousas que teñen que cambiar fóra e dentro da casa para que o seu fillo se poida salvar. Así nace o seu desexo de facer algo más que lamentarse e emprende así xunto con outros pais, pero, sobre todo, nais, unha viaxe traballosa de denuncia do narcotráfico en Galicia.

 

Ilegal (2002)

 

Thriller sobre as redes ilegais de transito de inmigrantes. Dous reporteiros queren facer o traballo das súas vidas: descubrir a mafia que transporta inmigrantes de África a Europa de xeito ilegal, coa intención de denunciar o drama que agocha a inmigración e a proliferación de redes clandestinas e criminais de tráfico de persoas

 

Pradolongo (2008)

 

Rodada integramente en galego, conta a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa amizade na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. A loita por conservar o rural e a vida no campo, enfróntanse cos intereses económicos e cun éxodo galopante cara a cidade.

 

 

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática