Inicio>  RACHEL MCADAMS

Alén do tempo (2009)

 

Unha película romántica cun punto de partida interesante: o protagonista (Eric Bana) padece unha estraña enfermidade que fai que viaxe no tempo cando menos o espera. Trátase dunha historia moi tenra, onde Rachel McAdams, que vai camiño de converterse en próxima raíña do xénero rosa, realiza unha actuación maís que aceptábel.

O diario de Noa (2004)

 

Filme inspirado na novela do escritor Nicolas Parks. A doce historia de amor fica eclipsada por unha ambientación ídílica e envolvente, un tenro relato que adquire unha inusitada potencia pola interpretación dos actores principais, Rachel McAdams e Ryan Gosling. Dous mundos sociais moi diferentes farán que a relación entre os dous namorados vaia ser moi complicada.

Voo nocturno  (2005)

 

 Lisa Reisert (Rachel McAdams) voa a Miami. Jackson (Cillian Murphy), o seu compañeiro de asento, revélalle que el é o artífice dun complot para matar o Comisionado de Homeland Security, e Lisa é a clave para levalo a cabo. Se ela se nega a cooperar, Jacksón ordenará que maten ao seu pai. Baixo o aspecto de thriller convencional, agocha os elementos máis persoais e perturbadores do cine de Craven. A película distrae, ten bo ritmo e non se alonga innecesariamente.

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática