AVENTURAS-ACCIÓN (R-S-T)
ROBIN HOOD: O PRINCIPE DOS LADRÓNS
ROBIN HOOD: PRINCE OF THIEVES (1991)
Cando Sir Robin de Locksley volve ao seu fogar despois de loitar nas Cruzadas, os habitantes de Nottingham viven na miseria a causa dos gravosos tributos decretados polo Sherif local. Cando, ademais, descobre que o seu pai foi asasinado, decide vingar a súa morte e, seguido dun compañeiro de aventuras sarraceno, intérnase no bosque de Sherwood. E alí comeza o mito de Robin Hood...
Kevin Costner , Sean Connery , Morgan Freeman
,
Servidor Audio/lingua Subtítulos
SINBAD (2011)
Sinbad conta as súas viaxes pasadas, reais ou non, aos seus compañeiros de café e dominó na taberna. O dono desta, Mansur, é viúvo e tén unha filla preadolescente, Sara. Sinbad mantén con ela unha relación moi afectuosa. Acompáñaa ás veces á escola e apréndelle cousas do mar e das estrelas. Sara é a mellor receptora de todos os contos que narra Sinbad.
Xosé Olveira "Pico" / Antonio Durán "Morris"
Servidor Audio/lingua Subtítulos
THE WAY (2010)
Tom Avery (Martín Sheen), un reputado oftalmólogo viúvo, un día recibe unha chamada na que se lle comunica que o seu fillo Daniel, co que nunca tivo boas relacións, faleceu nun temporal nos Pireneos. Tom, desolado, viaxa a Francia e, cando descobre que o seu fillo estaba a facer o Camiño de Santiago, decide rematar a ruta na súa honra.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
TORQUE, RODANDO Ó LÍMITE
TORQUE (2004)
O motorista Cary Ford volveu á súa cidade natal para reunirse coa súa moza Shane e encargarse dun pequeno asunto pendente. Cando desapareceu do mapa fai meses, Ford estaba en posesión de varias motos que pertencían a Henry, un despiadado traficante de drogas e xefe da banda de motoristas, os Hellions. Agora Henry está apertando a Ford para tentar recuperar as motos, que teñen algo un poco máis valioso que a gasolina dos seus depósitos. Como Ford non está moi disposto a cooperar, Henry incrimínalle polo asasinato de Junior, o irmán menor de Trey, o temible xefe da banda de motoristas, os Reapers.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
TROPA DE ELITE (2007)
O día a día do grupo de policías e dun capitán do BOPE (Wagner Moura), que quere deixar o corpo e tenta atopar un substituto para o seu posto. Paralelamente dous amigos da infancia convértense en policías e destacan pola súa honestidade e honra ao realizar as súas funcións, indignanse coa corrupción existente no departamento no que están.
Servidor Audio/lingua Subtítulos