BÉLICA (R-S-T)
RAMBO - ACURRALADO
FIRST BLOOD (1982)
John Rambo (Silvester Stallone), noutro tempo membro das Forzas Especiais e coa Medalla de Honra do Congreso, ten problemas para adaptarse á vida civil e vagabundea por Estados Unidos. Rambo descobre que un dos membros da súa antiga unidade ao que vai visitar morrera de cancro, debido ás exposicións de Axente Laranxa. Após uns días, a policía deteno por vagabundo e asáñase con el. Entón recorda as torturas que sufriu en Vietnan e reacciona violentamente...
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
REGRESO AO INFERNO
HOME OF THE BRAVE (2006)
Catro soldados estadounidenses están a piques de rematar a súa misión en Iraq. Pouco despois de saber que a súa unidade vai voltar a casa, son enviados para unha última misión humanitaria para o transporte de materiais médicos para o pobo iraquí. A unidade é emboscada e sufriron graves perdas. Os sobreviventes serán sometidos a agresions crueis físicas e psicolóxicas. Agora, de volta a Estados Unidos, catro soldados teñen que facer fronte as memorias do pasado, mentres que eles deben poñer a visión no futuro e voltar á vida civil.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
SALVAR AO SOLDADO RYAN
SAVING PRIVATE RYAN (1998)
Tras o desembarco dos Aliados en Normandía, a un grupo de soldados americanos encoméndaselle unha perigosa misión: poñer a salvo ao soldado James Ryan. Os homes da patrulla do capitán John Miller (Tom Hanks) deben arriscar as súas vidas para encontrar este soldado, cuxos tres irmáns morreron na guerra. O único que se sabe do soldado Ryan é que se lanzou co seu escuadrón de paracaidistas detrás das liñas inimigas.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
STALINGRADO
STALINGRAD (1993)
Filme alemán dirixido por Joseph Vilsmaier, que conta a historia da Batalla de Stalingrado, ocorrida entre agosto de 1942 e febreiro de 1943 na fronte oriental da Segunda Guerra Mundial, que culminou coa primeira gran derrota da Alemaña Nazi fronte á Unión Soviética. Película coral na que se mostran os horrores da guerra a través das vicisitudes dun grupo de soldados alemáns que chegan a Stalingrado tras gozar dun permiso en Italia
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
THE WALL (2017)
Dous francotiradores, un estadounidense e outro iraquí, enfróntanse nunha paisaxe deserta nalgún lugar de Iraq. Cando son atacados tentan poñerse en contacto cos seus compañeiros, mais só se oe a
un francotirador iraquí.
Filme dirixido por Doug Liman en 2017.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
TROIA
TROY (2004)
No ano 1193 a. C., Paris (Orlando Bloom), fillo de Príamo e príncipe de Troia, rapta a Helena (Diane Kruger), esposa de Menelao, o rei de Esparta, o que desencadea a Guerra De Troia, na que se enfrontan gregos e troianos. O exército grego asediou a cidade durante máis de dez anos. Aquiles (Brad Pitt) era o grande heroe dos gregos, mentres Héctor (Eric Bana), o fillo maior de Príamo (Peter O'Toole), o rei de Troia, representaba a única esperanza de salvación para a cidade.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME (P1)
VER FILME (P2)
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME