Inicio>   ROBIN WILLIAMS

 

Bos días Vietnam (Good morning, Vietnam)  (1987)

 

Williams fala e non vos para. Pasan máis cousas, pero só o faladoiro permanece no máis xenial desbalde. Comedia dramática localizada no ano 1965, na guerra de Vietnam. Cronauer (Robin Williams) é un pinchadiscos de radio enviado a Saigón que, cos seus comentarios, vai revolucionar a vida na fronte.

 

Hook, o Capitán Garfo  (1991)

 

Simpática e comercial superprodución, ateigada de estrelas. O avogado Peter Banning (Robin Williams) perdeu o contacto con algo marabilloso, a súa propia infancia. Cando os seus fillos son secuestrados por un antigo inimigo e levado ao País de Nunca Xamáis, tamén ten que viaxar a ese reino encantado.

 

Permiso para casar  (2007)

 

Este filme funcionou só a medias debido a un guión pouco traballado e a uns gags estereotipados. Conta a historia dunha parella e o seu desexo por casar, e dos problemas que terán que pasar porque o excéntrico Reverendo Frank (Robin Williams), non os casará ata que conxuntamente tomen un curso prematrimonial coas condicións que el lle porá.

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática