Inicio> WINONA RYDER
É unha historia de amor e de terror, dúas sensacións que adoitan ir unidas nos espíritos torturados. Conseguida revitalización do mítico Drácula cunha magnífica ambientación neogótica. O conde Drácula ve na noiva do avogado Harker a imaxe da súa querida namorada Elisabeta, falecida no 1462, por iso vai na súa procura ata Londres.
Outono en Nova York 2000
Richard Gere é un atractivo e mullereiro millonario pouco dado aos compromisos serios. Entón coñece a Winona Ryder, unha cara anxelical cun escuro destino... Drama romántico que intenta explotar a presenza dos seus dous coñecidos protagonistas. Preparade o pano.