A biblioteca da Iguana  (2005)

 

Historia de intriga, onde un profesor universitario especializado en literatura, descubre un día unha grave anomalía na novela que adquiriu para se entreter nun voo. O que comezou coma unha novela seria e harmoniosa convértese nunha disparatada aventura de detectives. Sen embargo, mantén os nomes dos personaxes e os seus contextos. É como se o libro se tivese desdobrado dunha forma moi estraña. 

 

A lingua das bolboretas  (1999)

 

Moncho, un neno do rural galego, incorpórase á escola con certo medo, pero Don Gregorio non é un mestre severo, senón preocupado porque os seus alumnos adquiran coñecementos e valores. Simpatizante da Segunda República Española, o alzamento militar do 18 de xullo altera a vida no pobo, que transcorrerá marcada polo inicio da Guerra Civil.

 

A vida que che espera (2004)

 

Gutiérrez Aragón é da terra e nótase, pois toma unha certa postura afectuosa cara a uns aldeáns que, a pesar da súa dureza e ás veces un comportamento case animal, teñen un férreo sentimento da responsabilidady, representados polo gran Juan Diego, xunto ao sempre convincente Luís Tosar e o natural encanto de Marta Etura, enmarcados polas fermosas paisaxes.

 

Doentes (2011)

 

Producida por Antón Reixa (Filmanova) e Farruco Castromán (ZircoZine). A historia de Valeriano (Pico) e Cañete (Morris) transcorre toda nunha noite trepidante chea de sorpresas e verdades inconfesábeis. Os protagonistas son dous perdedores que se complementan e retroalimentan nun escenario único, a Compostela dos anos 50.

Entre bateas (2001)

 

Filme desgarrador sobre o mundo do narcotráfico en Galicia.  Conta a historia de Mario, provinte dunha humilde familia, entra no mundo do contrabando de tabaco con apenas 15 anos, xunto a Sego, o seu amigo da infancia. Neste turbulento mundo, a vida sentimental do protagonista veráse afectada, provocando tensións e distanciamientos.

 

Galatasaray-Dépor  (2005)

 

Unha muller de negocios en Moscú, un excursionista en Estambul, un pelegrín húngaro en Santiago de Compostela e unha parella francesa en Berlín. Catro casos de roubo de equipaxe, catro comisarías de policía, catro problemas de entendimento lingüístico, catro visións da Champions League. Todo o mesmo día da final da Champions League entre o Galatasaray de Estambul e o Deportivo da Coruña. En clave de comedia.

 

Mar libre  (2010)

 

Premio á mellor película para TV nos Mestre Mateo entregados en 2011. Unha historia de época e aventuras ambientada nas Rías Baixas e na costa da Morte a finais do século XVIII. O amor entre o fillo dun pescador e a filla dun rico fomentador catalán da industria da salga, discorre no medio dunha gran revolta social das xentes do mar.

 

 

O ano da carracha  (2004)

 

Filme de retranca que narra a vida de Fran, que  acaba de finalizar os seus estudos de veterinaria e, aconsellado polo seu amigo Morgan, tentará levar unha vida parasitaria a custa dos seus pais. Nesta aprendizaxe, Fran estará rodeado da súa noiva, amigos e familiares. O filme transcorre na cidade de Lugo.

 

O lapis do carpinteiro  (2003)

 

Daniel Da Barca é un médico novo apresado ao estourar a Guerra Civil polas súas ideas republicanas. Na prisión, Daniel intenta preservar a súa liberdade grazas ao poder da palabra e á imaxinación, mentres, fóra do cárcere, Marisa Mallo, súa namorada e filla dun reaccionario oportunista, loita por recuperar a Daniel para fugarse con el a esoutra prisión da guerra que é o esquecemento.

 

Os mortos van ás présas  (2008)

 

Comedia coral e costumista con toques máxicos protagonizada por tres parellas de xeracións diferentes con relacións encontradas. A historia arranca coa morte dun nonaxenario na vila de Fariño do Mar. O día que van a soterrar ao patrón maior da cofradía de mariscadores, debido a unha serie de feitos desafortunados, as vellas liortas e diferenzas entre uns e outros acentuaranse.

 

Sempre Xonxa (1988)

 

Sen entrar nunha análise estilística, este é un filme clásico galego por excelencia, por iso de ser o primeiro, pero sobre todo por estar perfectamente enraizado na memoria colectiva dun país. É a historia dun triángulo amoroso a través das estacións do ano e das idades do home (nenez, xuventude, vida adulta e madureza), na aldea galega de Trasdomonte.

 

Sinbad   (2011)

 

Adaptación da obra de Álvaro Cunqueiro "Se o vello Sinbad volvese ás illas". Sinbad conta as súas viaxes pasadas, reais ou non, aos seus compañeiros de café e dominó na taberna. O dono desta, Mansur, é viúvo e tén unha filla preadolescente, Sara. Sinbad mantén con ela unha relación moi afectuosa. Sara é a mellor receptora de todos os contos que narra Sinbad.

PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática