COMEDIA (-A-B-C)
AMERICAN PIE (1999)
Unha lexión de mozos inexpertos viven obsesionados co sexo oposto. Jim, un deles, está desesperado porque aínda é virxe. Ademais, dende que os seus pais o sorprenderon vendo películas porno; no colexio, as cousas non van moito mellor: a súa relación cunha rapaza, grazas a un programa de intercambio, ten toda a pinta de fracasar. Así que, o seu último recurso chámase Michelle, unha integrante da banda de música, que resulta ser todo un prodixio.
Servidor
Audio/lingua
Subtítulos
APRENDENDO A CONDUCIR
LEARNING TO DRIVE (2014)
Wendy (Patricia Clarkson) é unha escritora de Manhattan que decide sacarse o permiso de conducir mentras o seu matrimonio disolvese. Para elo toma clases con Darwan (Ben Kingsley), un refuxiado político hindú da casta sij que se gaña a vida como taxista e instructor nunha autoescola.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
A VIDA DE BRIAN
LIFE OF BRIAN (1979)
Foi a terceira longametraxe do grupo de comedia inglés Monty Python. Trata a historia dun neno que nace o mesmo día que Xesucristo, e é varias veces confundido con el. Brian namórase loucamente dunha moza rebelde e atractiva, Judith. O seu amor por ela e o odio aos romanos lévanlle a unirse á Fronte Popular de Xudea.
CORRE O RUMOR
RUMOR HAS IT ... (2006)
Sara Huttinger (Jennifer Aniston), unha moza a piques de casar, regresa á súa cidade natal, en California, para pescudar a verdade sobre un segredo familiar. Ao parecer, tanto o libro como a película "O Graduado" están inspirados na súa avoa e na súa nai. Pero iso non é o peor: aos poucos Sara sentirase atraída polo maduro galán (Kevin Costner) que se deitou xa con varias xeracións de mulleres da súa familia.
CREBINSKY (2010)
Medran ao pé dun faro, a base de sobrevivir recollendo cousas que trae o mar, as crebas. Illados dos acontecementos bélicos que lles rodean, crean o seu propio mundo: Un universo particular de realismo fantasioso. O ritmo cotiá de convivencia coa súa vaca Muchka, vese alterado cando esta desaparece. É entón cando os irmáns inician unha busca desesperada que os levará da costa cara ó interior. Sen saber onde van, rematan descubrindo de onde veñen.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
CROCODILO DUNDEE NOS ÁNXELES
CROCODILE DUNDEE IN LOS ANGELES (2001)
Crocodilo Dundee (Paul Hogan) vive actualmente coa súa encantadora esposa Sue (Linda Kozlowski) e o seu fillo, teñen unha vida tranquila e apratacíbel que axiña se verá truncado cando o pai de Sue lle pide encarecidamente que se trasladen a Los Angeles para que esta se faga cargo da dirección do xornal do seu pai. Unha vez instalados en Los Angeles a familia terá que enfrontarse a un novo misterio. O curioso do devandito mistero é que os levará a un coñecido estudo de Hollywood.
Servidor Audio/lingua Subtítulos