C. FICCIÓN (A-B-C)
A GUERRA DAS GALAXIAS, EPISODIO IV: UNHA ESPERANZA NOVA
STAR WARS, EPISODE IV: A NEW HOPE (1977)
A princesa Leia, líder do movemento rebelde que desexa reinstaurar a República na galaxia nos tempos ominosos do Imperio, é capturada polas Forzas Imperiais, capitaneadas polo implacábel
Darth Vader, o servente máis fiel do Emperador. O intrépido e mozo Luke Skywalker, axudado por Han Solo, capitán da nave espacial "O Falcón Milenario", e os androides, R2D2 e C3PO, serán os
encargados de loitar contra o inimigo e tentar rescatar á princesa para volver instaurar a xustiza no seo da galaxia.
Datos do filme trailer/vídeo
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
A GUERRA DAS GALAXIAS, EPISODIO V: O IMPERIO CONTRAATACA
STAR WARS, EPISODE V: THE EMPIRE STRIKES BACK (1980)
Tras un ataque sorpresa das tropas imperiais ás bases camufladas da alianza rebelde, Luke Skywalker, en compañía de R2D2, parte cara ao planeta Dagobah na procura de Yoda, o derradeiro
mestre Jedi, para que lle ensine os segredos da Forza. Mentres, Han Solo, a princesa Leia, Chewbacca, e C3PO esquivan ás forzas imperiais e piden refuxio ao antigo propietario do Falcón
Milenario, Lando Calrissian, na cidade mineira de Bespin, onde lles prepara unha trampa urdida por Darth Vader..
Datos do filme
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
A GUERRA DAS GALAXIAS, EPISODIO VI: O RETORNO DO JEDI
STAR WARS, EPISODE VI: RETURN OF THE JEDI (1983)
Luke Skywalker e a princesa Leia deben viaxar a Tatooine para liberar a Han Solo. Para conseguilo, terán que infiltrarse na perigosa gorida de Llaba O Hutt, o vilán máis temido da galaxia.
Unha vez reunidos, o equipo recruta a tribos de Ewoks para combater ás forzas imperiais nos bosques da lúa de Endor. Mentres tanto, o Emperador e Darth Vader conspiran para converter a Luke ao
lado escuro, pero o mozo Skywalker, pola súa banda, está decidido a reavivar o espírito do Jedi no seu pai.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
A MÁQUINA DO TEMPO
THE TIME MACHINE (2002)
O científico e inventor Alexander Hartdegen está determinado a probar que as viaxes a través do tempo son posibles. A súa decisión tórnase en deseperación ao vivir unha traxedia persoal que é a razón do seu desexo de volver ao pasado. Pero ao xuntar as súas teorías coa máquina da súa invención, Hartdegen é enviado 800.000 anos o futuro, onde descobre que a humanidade se dividiu en 2: perseguidores e perseguidos.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
A MÁQUINA DO TEMPO (O TEMPO NAS SÚAS MANS)
THE TIME MACHINE (1960)
Inglaterra, 1899. Un científico constrúe un vehículo que lle permite viaxar a través do tempo. Con el emprende unha alucinante viaxe a través dos séculos e é testemuña, entre outros acontecementos, da Segunda Guerra Mundial e dun holocausto atómico en 1966, do que sae ileso. O seu último destino é un paradisíaco lugar do futuro, cuxas xentes viven no ano 802.701, onde lle tocará vivir unha incríbel aventura.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME