C. FICCIÓN (D-E-F)
ELES VIVEN
THEY LIVE (1988)
Un traballador atopa por casualidade uns lentes que permiten ver ás persoas tal e como son. Grazas a elas descubrirá que importantes personaxes da vida política e social son en realidade extraterrestres. Durante a súa particular cruzada poderá observar como estes alieníxenas foron sementando o mundo de mensaxes subliminais coas que pretenden converter ós homes nunha raza de escravos.
Cartel en galego
Servidor
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
VER FILME
ESFERA
SPHERE (1998)
A moita profundidade baixo o mar, nun lugar do Océano Pacífico esquecido da man de Deus, escóndese un dos segredos mellor gardados do goberno americano e poida que sexa o maior descubrimento da historia da humanidade: unha nave aparentemente extraterrestre que se conserva intacta nas profundidades do océano dende hai case 300 anos. Un equipo de científicos viaxa ao fondo mariño coa misión de analizar a nave e investigar a súa orixe.
Cartel en galego
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
ESTALIDO
OUTBREAK (1995)
O exercito dos Estados Unidos arrasa un campamento no Zaire no que un virus mortal semellante ao ébola estaba acabando coa poboación. Esta medida foi tomada tanto para manter o virus en segredo como para que non se propagase, pero non contaban con que un pequeno mono, portador do perigoso virus, viaxará nun barco desde o Zaire a EE.UU.
Cartel en galego
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
ETERNAMENTE NOVO
FOREVER YOUNG (1992)
Daniel McCormick (Mel Gibson), piloto de probas, é un home ao que todo lle vai ben na vida. Todo cambia unha mañá na que a súa noiva, Helen, ten un desgraciado accidente. Desolado, ofrécese voluntario para un experimento secreto: O corpo de Daniel queda conxelado nunha cápsula experimental. En 1992, máis de cincuenta anos despois, dous nenos descobren a cápsula e desconxelan o corpo, levando a Daniel á casa dun deles, que vive coa súa nai Claire (Jamie Lee Curtis).
Cartel en galego
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
EVA (2011)
Nun futuro non moi afastado, no ano 2041, os seres humanos viven acompañados de criaturas mecánicas. Álex, un reputado enxeñeiro cibernético, regresa a Santa Irene para realizar un encargo da Facultade de Robótica: a creación dun neno robot. Inesperadamente, a rutineira vida de Álex verase alterada por Eva, a filla de Lana e David, unha nena extraordinaria, magnética, que dende o primeiro momento establece unha relación de complicidade con Álex. Xuntos emprenderán unha aventura que os conducirá a un final revelador.
Servidor
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
VER FILME
FREQUENCY (2000)
John vive obsesionado coa morte do seu pai, un bombeiro que faleceu hai 30 anos durante un incendio. Un día, un estraño fenómeno meteorolóxico permítelle falar con el a través dun vello equipo de radioafeccionado co que se comunica co pasado. John informa ó seu pai dos erros cometidos naquel incendio e así evita a súa morte. Pero deste xiro do destino derivaranse outros tráxicos acontecementos.
Cartel en galego
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
BAIXAR FILME