VAQUEIROS-OESTE (D-E-F)
DODGE CITY, CIDADE SEN LEI
DODGE CITY (1939)
Dodge City é unha das cidades máis importantes do oeste grazas ao ferrocarril. Ata este punto de encontro, onde converxen toda clase de viaxeiros e comerciantes, chega un ex-soldado e guía de caravanas. Como outros moitos, busca un comprador para as reses do gandeiro ao que representa. Axiña descobre que a poboación está en mans dun cacique que, coa axuda dun fato de pistoleiros e matóns, impón a súa lei.
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
DUAS MULAS E UNHA MULLER
TWO MULES FOR SISTER SARA (1970)
En México estalou a guerra entre os seguidores de Juárez e as tropas francesas do emperador Maximiliano de Austria. Hogan (Clint Eastwood), un machiño de coidado, salva unha monxa (Shirley MacLaine) do ataque duns malfeitores. Xuntos emprenden unha accidentada viaxe na que, a pesar das súas diferenzas, percibirase que teñen moitas cousas en común.
Cartel en galego
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
DUELO EN DIABLO
DUEL AT DIABLO (1966)
O tenente McAllister recibe a orde de transportar un cargamento de munición a través de territorio Apache. Xunto a eles cabalga o antigo explorador do exército Jess Remsberge que tamén fora soldado. Estes dous homes non tardarán en xogar un papel esencial no desenvolvemento da misión, pero non poderán evitar que ao longo do camiño sucesivas sorpresas vaian complicando aínda máis a difícil travesía ao longo dun territorio verdadeiramente hostil.
Cartel en galego
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
EN NOME DA LEI
LAWMAN (1971)
Jered Maddox, o inflexible sheriff de Bannok (Novo México), antepon o cumplimento da lei a calquera outra consideración. Nunha ocasión na que debe escoltar unha caravana, algúns homes borrachos matan a un ancián.
Cartel en galego
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
FORT BRAVO (1953)
Ambientada en Arizona en 1860 durante a Guerra Civil dos Estados Unidos. En Fort Bravo están recluídos algúns dos oficiais confederados da guerra de secesión, sempre pensando na fuga, situado en pleno territorio indio poboado polos belicosos apaches mescaleros. Un oficial unionista é encargado de vixiar un campo de prisioneiros confederados. Un pequeno grupo de presos, axudado por unha muller, logra fuxir, e na súa busca vai o duro e severo capitán Roper, este e os fuxitivos deberán deixar ao carón as súas diferenzas para facer fronte a un inesperado inimigo común: os xinetes mescaleros.
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME