VAQUEIROS-OESTE (D-E-F)
DALLAS, CIDADE FRONTEIRIZA
DALLAS (1950)
Concluída a guerra de Secesión, un oficial do exército confederado, que está reclamado pola lei por formar parte das bandas guerrilleiras de Quantrill, chega ata a cidade de Dallas, seguindo a pista dos irmáns Marlow, que na súa ausencia asasinaran a súa familia e espoliaran as súas propiedades en Xeorxia. En Dallas, os Marlow seguen a levar a cabo extorsións, roubos e outros delitos.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
DESAPARICIÓNS
THE MISSING (2003)
Maggie Gilkenson é unha muller que está educando soa as súas dúas fillas nunha rexión fragosa e illada do interior do suroeste americano. Cando a súa filla maior é secuestrada por un xamán indio con estraños poderes, Maggie vese forzada a recorrer a seu pai, do que leva anos sen ter noticia, para que a axude a rescatala. O bruxo e a súa xente tamén secuestraron outras rapazas, deixando un rastro de desolación e morte ao seu paso. Maggie e o seu pai comezarán entón unha desesperada carreira para salvar a súa filla antes de que crucen a fronteira mexicana e desaparezan para sempre.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME