DRAMA (L-M-N)
LE WEEK-END (2013)
Nick e Meg, unha parella británica, volve a París moitos anos despois da súa lúa de mel para intentar revitalizar o seu matrimonio. Alí, atópanse cun vello amigo que actúa como un catalizador para o seu futuro. Meg sente que merece unha vida mellor, pero amósase insegura e desamparada sen o seu marido Nick. Delicioso e divertido retrato dun matrimonio con todas as imperfeccións da vida en parella.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
MENTES PERIGOSAS
DANGEROUS MINDS (1995)
Oficial da mariña (Michelle Pfeiffer) abandona a carreira militar para realizar o antigo soño de ser profesora de inglês. Mais o grupo de alumnos rebeldes que ten en fronte na primeira escola na que ensina porán a proba todo o seu entrenamento e experiencia acadada no exército.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
MILLION DOLLAR BABY (2004)
Despois de adestrar e ter representado aos mellores púxiles, Frankie Dunn (Eastwood) rexenta un ximnasio coa axuda de Scrap (Freeman), un ex-boxeador que é ademais o seu único amigo. Frankie é un home solitario e adusto que se refuxia dende hai anos na relixión buscando unha redención que non chega. Un día, entra no seu ximnasio Maggie Fitzgerald (Hilary Swank), unha voluntariosa rapaza que quere boxear e que está disposta a loitar denodadamente para conseguilo.
Clint Eastwood , Morgan Freeman
Servidor Audio/lingua Subtítulos
MÚNIC
MUNICH (2005)
Tralo asasinato de varios atletas israelís polo grupo terrorista palestino "Setembro Negro" durante os Xogos Olímpicos de Múnic de 1972, un axente especial do Mossad tivo que executar unha misión altamente secreta e arriscada: asasinar ós responsábeis. Baseado en feitos reais.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
NENA (1997)
Daniel Paz, profesor universitario, animador e director dun grupo-escola de teatro, retírase unhas semanas a un balneario afastado para esquecer unha aventura sentimental e escribir por encargo uns guións para unha comedia de situación. Guiado por unha música que oe na outro beira dun río preto de onde está, cruza en barca e coñece a dous irmáns: David, un actor novo e Eli, unha fermosa quinceañeira.
Servidor Audio/lingua Subtítulos