COMEDIA (O-P-Q)
O ANO DA CARRACHA
EL AÑO DE LA GARRAPATA (2004)
A película transcorre na cidade de Lugo, onde Fran acaba de finalizar os seus estudos de veterinaria e, aconsellado polo seu amigo Morgan, un pouco maior que el, intentará levar unha vida parasitaria a custa dos seus pais, algo ao que Morgan está bastante afeito. Nesta aprendizaxe, Fran estará rodeado da súa noiva, amigos e familiares.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
O CLAN DOS PARTEÓSOS
THE LONGEST YARD (2005)
Paul Crewe, un xogador de fútbol americano, e Nate Scarboro, adestrador e antigo campión, atópanse cumprindo cadea no mesmo cárcere. Xuntos deciden formar un equipo que xogue contra outro equipo formado polos gardas da prisión.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
O SHOW DE TRUMAN
THE TRUMAN SHOW (1998)
Truman Burbank (JIm Carrey) é un home corrente e algo inxenuo que viviu toda a súa vida nun deses pobos onde nunca pasa nada. Non obstante, de súpeto, uns estraños sucesos fanlle sospeitar que algo anormal está a acontecer, o que ve non é o que parece.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
O VELLO QUE SAÍU POLA VENTÁ E ESCAPOU
HUNDRAAEINGEN SOM KLEV UT GENOM FONSTRET OCH FORSVANN (2013)
O día que vai cumprir cen anos, Allan Karlsson, vestido co seu mellor traxe e unhas pantuflas, fuxe da residencia na que vive deixando plantados ó alcalde e á prensa local, e de xeito casual, vese inmerso nunha delirante trama criminal. Un home que viviu os acontecementos máis importantes do século XX, coñecendo a personaxes como Einstein, Franco, Stalin, Mao, Reagan ou Gorbachov.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
PADDINGTON (2014)
Paddington é un oso que vive xunto cos seus tíos na selva do Perú, os cales inspiraron no seu sobriño o desexo de coñecer Londres. Un tremendo terremoto devasta a selva e a súa tía Lucy resolve embarcalo como polisón cara ó Reino Unido. Unha vez alí, busca un fogar, non sen antes pasar moitas peripecias. Ó verse perdido e só na estación de Paddington, comeza a decatarse de que a vida en Europa non é nada semellante ó que se imaxinaba. Ata que coñece á curiosa familia Brown, quen lle ofrece un refuxío temporal.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
PARÉCEME QUE SEI O QUE BERRASTES O ÚLTIMO VENRES 13
SHRIEK IF YOU KNOW WHAT I DID LAST FRIDAY THE 13TH (2000)
En tódolos filmes de medo sempre hai un teléfono a piques de soar, un asasino agardando, e a única clave para sobrevivir é...manterse lonxe
do asasino, aínda que este sexa un inepto. Unha fermosa reporteira terá que investigar os asasinatos cometidos nun Instituto de Bulemia.
Servidor Audio/lingua Subtítulos