DRAMA (O-P-Q)
|
O CABALO SALVAXE
THE WILD STALLION (2009)
Esta fita narra a historia de CJ e Hanna, dúas rapaciñas xeitosas. Hanna vai visitar a CJ que vive nun rancho, e decide fotografíar cabalos salvaxes para un proxecto escolar. As dúas nenas fanse grandes amigas e descobren unha trama que pode comprometer aos cabalos mustangs.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
|
O EXPERIMENTO
DAS EXPERIMENT (2001)
Filme baseado en feitos reais acaecidos no ano 1971 en Stanford, California. Todo empezou como un experimento científico protagonizado durante dúas semanas por vinte homes que cobrarían pola súa colaboración 4.000 marcos. O proxecto consistía en estudar o comportamento agresivo nun ambiente carcerario simulado. Aos participantes asígnaselles o papel de gardiáns (oito) ou prisioneiros (doce). Os prisioneiros deben obedecer as ordes, e os gardas deben manter a orde. Pero dar a un home un pouco de poder pode ter consecuencias insospeitadas...
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
|
O EXPERIMENTO
THE EXPERIMENT (2010)
Remake do filme alemán "O experimento", dirixida en 2001 por Oliver Hirschbiegel. O filme orixinal contábanos como un grupo de 26 homes foran sometidos a unha investigación psiquiátrica con roles de prisioneiro e gardián, pero o estudo finalmente non se desenvolverá como pensaban e rematará no caos.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
|
O LIBRO VERDE
GREENN BOOK (2018)
No ano 1962, Tony Lip é un rudo italoamericano do Bronx, que é contratado como chofer do virtuoso pianista negro Don Shirley. Ambos iniciarán unha viaxe para unha xira de concertos polo sur dos Estados Unidos, onde Tony deberá ter presente 'O libro verde', unha guía que indicaba os poucos establecementos que aceptaban os afroamericanos. Son dúas persoas que deberán afrontar o racismo e os prexuízos, pero ás que o destino unirá, obrigándoas a deixar de lado as diferenzas para sobrevivir e prosperar na viaxe das súas vidas.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
|
OUTRO MÁIS (2012)
Este filme expón o que acontece nunha vila da costa galega, cando unha marea negra afecta o seu medio de vida e as relacións entre os seus veciños. Nela, Barca apura a repartición do pan mentres Raúl espera por ela á porta da igrexa para concretar a data da voda. Ao mesmo tempo coñécense as primeiras novas da aparición dun petroleiro fronte ás costas galegas. A partir de aquí, a protagonista toma conciencia dunha situación que a fará reflexionar sobre moitas cousas e que van provocar crises na súa relación.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
|
PREFIRO O PARAISO
PREFERISCO IL PARADISO (2010)
Haxiografía de san Felipe Neri, fundador da Congregación do Oratorio, que viviu en Italia no século XVI. "Prefiro o Paraíso" reconstrúe a vida do santo desde que abandona Monte Cassino para marchar a Roma, onde agarda ser enviado como misioneiro ás Indias cos xesuítas. Como non é posible que viaxe inmediatamente, hospédase na casa dun matrimonio amigo que lle pide que eduque o seu fillo. Acaba dándolles clases ao rapaz, á súa irmá e a un grupo de ladróns de rúa...
Cartel en galego
Cartel en portugués
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME (P1)
VER FILME (P2)
BAIXAR FILME
|