C. FICCIÓN (R-S-T)
RESIDENT EVIL (2002)
Nun centro clandestino de investigación xenética, con fins militares, dunha poderosa multinacional, prodúcese un brote vírico que contamina todo o edificio. Para conter a fuga o ordenador que controla o centro sela toda a instalación e, nun principio cre que morren todos os empregados, pero en realidade se converteron en feroces zombis...
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
RESIDENT EVIL 2: APOCALIPSE
RESIDENT EVIL: APOCALYPSE (2004)
Un virus mortal foi liberado sobre a poboación de Raccoon City. Alice (Milla Jovovich), unha das sobreviventes do desastre bioquímico, atópase no corazón desta devastada cidade. Sometida a experimentos que alteraron a súa xenética, agora posúe forza, sentidos e destreza sobrehumana. Estas habilidades, e máis, serán as que deba utilizar quen queira sobrevivir nesta nova aventura. Xunto con outros sobreviventes deberá escapar da cada vez máis perigosa Raccoon City.
Servidor
VER FILME
Audio/lingua
Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
ROLLERBALL (2002)
Nun futuro xa non existen os países, as grandes compañías rixen a vida das persoas. Jonathan Cross é o mellor xogador de Rollerball, o deporte máis vertixinoso de todos os tempos. El e os seus compañeiros Marcus Ridley e Aurora gañan moito diñeiro e levan unha vida chea de luxos. Os amantes deste deporte o que buscan é emoción e acción ao límite. Pero Jonathan decátase de que os espectadores aumentan atraídos morbosamente polos frecuentes accidentes que se producen na pista. Os xogadores converteranse entón en monicreques dun xogo onde non existen as regras.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
SON LENDA
I AM LEGEND (2007)
Robert Neville é un científico brillante, pero mesmo el non poderá conter o terrÍbel andazo creado polo home. Neville convértese no único ser humano de Nova York. A cidade está ateigada de "infectados", os cales só poden existir na escuridade devorando ou infectando a todo o que se poña no seu camiño. Durante tres anos, Neville e mais o seu can pasaron os seus días procurando comida e subministracións, e enviando puntualmente mensaxes por radio para atopar máis supervivintes.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
SPEED RACER (2008)
Speed Racer (Emile Hirsch) é un piloto atolado e temerario. O seu ídolo é o seu irmán, o lendario
Rex Racer, morto nun accidente durante unha carreira. Speed apoia o negocio familiar automobilístico que dirixe o seu pai (John Goodman), o deseñador do potente bólido Mach 5. Cando Speed rexeita
unha oferta moi lucrativa e tentadora das Industrias Royalton, non só fai alporizar ó maniático dono da empresa (Roger Allam), senón que, ademais, descobre un terríbel segredo: algunhas das
carreiras máis importantes están a ser manipuladas por uns desalmados empresarios.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME