C. FICCIÓN (R-S-T)
SHORTS: A PEDRA MÁXICA
SHORTS: THE ADVENTURES OF THE WISHING ROCK (2009)
Filme de fantasía dirixido a un público novo e aventureiro. Black Box é unha empresa na que traballa case toda a xente que vive nos arredores da cidade, rueiros grises e rutineiros. Un día prodúcese un gran balbordo cando un neno bate a súa cachola nunha pedra que contén todas as cores do arco da vella e que concede desexos. Que será o que vai acontecer? ...
Servidor Audio/lingua Subtítulos
TERMINATOR
THE TERMINATOR (1984)
No ano 2029 as supercomputadoras xigantes dominan o planeta, cun só obxectivo: exterminar á raza humana. Para destruír o futuro da humanidade, alterando o seu pasado, un indestrutíbel cyborg, un "Terminator", é mandado a través do tempo para matar a Sarah Connor (Linda Hamilton), a muller que enxendrará o único home que é quen de salvar a humanidade. Poderá protexerse Sarah a si mesma desta ameaza, salvando á súa vez a vida do seu fillo? Ou extinguirase a raza humana por mor dun anaco de metal mutante?
Servidor Audio/lingua Subtítulos
TERMINATOR 2: O XUIZO FINAL
TERMINATOR 2: JUDGMENT DAY (1991)
nos atrás, un viaxeiro do tempo reveloulle a Sarah Connor que o seu fillo ía ser o salvador da humanidade nun futuro dominado por máquinas comandadas por Skynet. Do futuro tamén viñera unha máquina con intención de matala e evitar o nacemento de John, por iso se converte nunha especie de guerreira e educou ao seu fillo en tácticas de supervivencia. Por este motivo, foi recluída nun psiquiátrico. John Connor é agora un adolescente rebelde cuns pais de acollida. Skynet tentará nesta ocasión acabar con John, polo que enviará un androide mellorado, o T-1000, para matalo. A resistencia no futuro tamén enviará un androide, un vello modelo T800, para protexelo.
.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
TERMINATOR 3 - A REBELIÓN DAS MÁQUINAS
TERMINATOR 3 - RISE OF THE MACHINES (2003)
Terceira parte da saga terminator.Xusto dez anos despois de que as máquinas non foran capaces de eliminar a John Connor,deciden enviar a unha terminator,unha versión máis evolucionada para
acabar coa vida de John Connor.
A resisntencia decide enviar o antigo Terminator para protexelo.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
TREMORES
TREMORS (1990)
En Perfección, un pequeno pobo ao bordo do deserto de Nevada, algo semella ocorrer debaixo da terra. Cando as liñas telefónicas e as estradas quedan cortadas, os habitantes comezan a sentir arrepíos, pois todo indica que che hai algo vivo e terrorífico baixo da area do deserto. Havos ser cousa do demo!.
Servidor Audio/lingua Subtítulos