C. FICCIÓN (R-S-T)
SUPERMAN (1978)
Dende unha galaxia moi lonxana, un recén nado é enviado polos seus pais ao espazo debido á inminente destrución do planeta onde moran. A nave aterra na Terra, e o neno é adoptado por uns granxeiros que lle inculcan os mellores valores humanos. Ao pasar uns anos, o mozo irase a Metrópole e alí usará os seus poderes sobrenaturais para loitar contra o mal e a tiranía.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
SUPERMAN II (1980)
A saga continua e o Home de Aceiro (Christopher Reeve) volve a combater contra o poderoso empresario Lex Luthor (Gene Hackman). Mais, desta vez, o inimigo de Superman conta coa axuda de tres criminais vidos de Krypton, o seu planeta natal. Iso quere dicir que o trio tamén che teñen superpoderes e soamente un desexo: dominar o planeta Terra e destruir ao fillo de Jor-El.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
SUPERMAN III (1983)
Superman ten que enfrontarse cunha máquina creada por un xenio dos computadores chamado Gus Gorman cun magnate megalómano que pretende transformar a Terra e o que é peor cun desdobramento de personalidade.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
SUPERMAN RETURNS (2006)
Tras cinco anos de ausencia, Superman (Brandon Routh) volve á Terra, iniciando outro capítulo máis da saga deste super-heroe. En canto ao seu antigo inimigo, Lex Luthor (Kevin Spacey), planea enfraquecelo para sempre, o Home de Aceiro reencontra a súa amada Lois Lane (Kate Bosworth), agora noiva e cun fillo pequeno para coidar. Neste retorno, o heroe precisa retomar a súa vida e salvar ao mundo da crecente ameaza do seu arquiinimigo.
Servidor Audio/lingua Subtítulos