AMOR-ROMÁNTICA (A-B-C)
A PRINCESA PROMETIDA
THE PRINCESS BRIDE (1987)
Un neno que garda cama para curar unha enfermidade acepta con bastante desacougo que o seu avó lle relate un conto. Sorprendentemente, a lectura lévao por un mundo máxico de lendas medievais, onde hai cabaleiros con espada, monstros, xigantes, dragóns, cabaleiros e princesas namoradas.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
AS PONTES DE MADISON
THE BRIDGES OF MADISON COUNTY (1995)
A apracíbel pero anódina vida de Francesca Johnson (Meryl Streep), unha ama de casa que vive nunha granxa coa súa familia, vese alterada coa chegada de Robert Kincaid (Clint Eastwood), un veterano fotógrafo da revista National Geographic, que visita o condado de Madison (Iowa) para fotografar as súas vellas pontes. Cando Francesca invita a Robert a cear, un amor verdadeiro e unha paixón descoñecida nacerá entre eles.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
A IRMANDADE DOS PANTALÓNS VIAXEIROS 2
THE SISTERHOOD OF THE TRAVELING PANTS 2 (2008)
Agora, tres anos máis tarde, as catro amigas de toda a vida seguen camiños diferentes, ao entrar no seu primeiro ano de universidade. O verán quedou atrás, pero elas continúan en contacto, contándose todas as súas experiencias, tal como fixérono sempre, con honestidade e moito humor. Descobren as súas fortalezas, medos, talentos individuais e a súa capacidade para amar a través das eleccións que fan.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
CATRO VODAS E UN FUNERAL
FOUR WEDDINGS AND A FUNERAL (1994)
Charles, un atractivo solteiro, ofrécese a ser o padriño das vodas dos seus amigos, pese a que a sola idea de ter que casar algún día lle produce arrepío. Cando coñece a Carry e sente por ela unha irresistible atracción, concentra todo o seu esforzo en non se namorar. Dende ese mesmo intre sucédense unha morea de encontros e separacións, catro vodas e un funeral.
Servidor Audio/lingua Subtítulos