AMOR-ROMANTICA (A-B-C)
ABRÍGATE (2008)
Valeria (Manuela Pal) cambiou o seu Bos Aires natal por Betanzos, un pobo Da coruña do que procede a súa familia. Excéntrica, soñadora e divertida, aos seus 25 anos encóntrase na encrucillada sentimental máis surrealista da súa vida: tras a repentina morte do seu maduro e atractivo amante, namórase de Marcelo, o fillo do defunto. A súa amiga Adela (María Bouzas), dona do peiteado onde ambas as dúas traballan, axudaraa a resolver o problema.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
A CASA DO LAGO
THE LAKE HOUSE (2006)
A Dra. Kate Forster (Sandra Bullock) abandona o seu anterior traballo para incorporarse ao atafegado hospital de Chicago. Deixa atrás a casa con enormes ventanais que dan a un tranquilo lago. Kate deixa unha nota na caixa de correo dirixida ao próximo inquilino, pedíndolle que lle envíe o correo que lle chegue. Pero cando o seguinte inquilino chega, Alex Wyler (Keanu Reeves), atopa a casa do lago moi abandonada: poeirenta, con lixo, e o xardín ateigado de maleza. Por que ocorre iso se ela acaba de deixar a casa?...
Servidor Audio/lingua Subtítulos
A COUSA MÁIS DOCE
THE SWEETEST THING (2002)
A atractiva Christina Walters unha noite coñece, inesperadamente e tras anos evitando relacións serias cos homes, á súa media laranxa. Cando á seguinte mañá se percata de que de súpeto deixou a cidade, Christina e a súa mellor amiga, Courtney, saen na súa procura e atópanse cunha serie de divertidísimos contratempos durante a súa viaxe. A súa procura ó final lévaas a descubrir algo abraiante e aprender que o amor é, despois de todo, a cousa máis doce.
ALÉN DO TEMPO
THE TIME TRAVELER¨S WIFE (2009)
Clare (Rachel McAdams) estivo sempre namorada de Henry (Eric Bana), un bibliotecario de Chicago. Henry é un viaxeiro do tempo, cunha rara anomalía xenética que o condena a vivi-la súa vida nunha escala de tempo cambiante, avanzando e retrocedendo a través dos anos sen control. A pesar de que as viaxes de Henry son tan imprevisíbeis, Clare tenta desesperadamente adaptarse a esa vida, pois sabe que non podería vivir sen el.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
AMOR CON PREAVISO
TWO WEEKS NOTICE (2002)
Lucy Kelson (Sandra Bullock), xefa do consello da Wade Corporation, é un exemplo para a maioria das mulleres: avogada brillante con mente afiada e pragmática. Porén, ela tamén sofre de terríbeis úlceras e dorme moi pouco. O responsábel diso évos o seu xefe, o multimilionário George Wade (Hugh Grant), bonito, fachendoso e extremamente egocêntrico. Cando Lucy decide irse da empresa, George só acepta se ela acha unha substituta que estea á altura. Despois de moita procura, ela atopa outra moza e ambiciosa avogada (Alicia Witt).
Servidor Audio/lingua Subtítulos