DEBUXOS-ANIMACIÓN (O-P-Q)

                   
Aumentar imaxe

O DETECTIVE CONAN - A DÉCIMO CUARTA VÍTIMA

JÜYON BANME NO TAAGETT (1998)

 

O novo caso do detective Conan condúcenos a un restaurante francés futurista sitúado no fondo do mar. Xuntáronse alí unha serie de persoas de profesións e perfís moi diferentes, xunto con Shinichi Kudo. Todos eles ignoran que as súas vidas están ameazadas por un asasino en serie que elimina as súas vítimas seguindo unha orde rigorosa sen ningún tipo de escrúpulo: Joe Murakami. Non teñen fuxida posïbel, o único que os pode salvar é o caletre do xenial detective Conan.

 

Datos do filme

                              Servidor                  Audio/lingua                               Subtítulos

 

BAIXAR FILME

Galego

                   
Aumentar imaxe

O DETECTIVE CONAN - CONTA ATRÁS CARA AO CEO

TENGOKU E NO KAUNTODAWN (2001)

 

Conan e os seus amigos visitan o rañaceos máis alto de Tama, que vai ser inaugurado. Durante a visita, un asasinato coincide coa aparición dun Porsche conducido por uns vellos coñecidos, os Homes de Negro. Unha serie de percances entrarán en escena a máis de 300 metros de altura e Conan e o resto da Asociación de Detectives Xuvenís quedan atrapados no alto do edificio, ao que non se pode acceder pola explosión dunhas bombas. Conseguirá Conan fuxir? Comeza unha conta atrás de supervivencia e perigos.

 

Datos do filme

                              Servidor                  Audio/lingua                               Subtítulos

 

BAIXAR FILME

Galego

                   
Aumentar imaxe

 

O DETECTIVE CONAN - EXPLOSIÓN NO RAÑACEOS

TOKEI JIKAKE NO MATENRO (1997)

 

A ameaza dun terrorista de colocar unha serie de bombas en Toquio, fará que o detective Conan, cuxo verdadeiro nome é o de Shinichi Kudo, teña que empregar a súa incrible capacidade de dedución para salvar un monte de vidas, que agora están nas súas mans. Ó mesmo tempo, a carón de Ran Mouri, a súa compañeira de clase e mellor amiga dende cativos, Conan vai a unha festa do arquitecto Teiji Moriya, que está obsesionado coa simetría.

 

Datos do filme

                              Servidor                  Audio/lingua                               Subtítulos

 

VER FILME

Español

 

VER FILME

Xaponés

 

BAIXAR FILME

Galego

                   
Aumentar imaxe

O DETECTIVE CONAN - O MAGO DO CEO PRATEADO

GINYOKU NO MAJISHAN (2004)

 

Unha famosa actriz recibe unha nota de Caco Kid que ameaza con roubar o seu zafiro, "a pedra da sorte". Esa mesma noite o roubo terá lugar no teatro onde se representará a derradeira función da obra na que participa a actriz. Conan e os seus amigos pensan que Caco Kid aparecerá durante a representación, pensando que se ha disfrazar de alguén a quen coñecen. Entón, a policía preséntase cun asistente, o detective adolescente Shinichi Kudo. Mais Conan sabe que o Shinichi que está en fronte deles é Caco Kid, xa que el é o verdadeiro Shinichi, pero non pode revelar a súa verdadeira identidade.

 

Datos do filme

                              Servidor                  Audio/lingua                               Subtítulos

 

BAIXAR FILME

Galego

                   

PROCURAR POR:

Iniciais do título