INTRIGA - CRIME (A-B-C)
A ADMIRADORA
THE FOLOWER (2016)
A última noite do seu tour, a súper estrela do country Chelsea Angel anuncia aos seus fans que tomará un descanso na súa carreira musical para dedicarse á súa familia por completo. O seu plan trastócase ao estrelarse o seu avión. A única supervivente é unha gran fan de Chelsea, Evelyn King, que a pon a salvo. Sen embargo, mentres Chelsea cura, Evelyn empeza a volverse cada vez máis obsesiva con ela.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
A BIBLIOTECA DA IGUANA (2005)
Andrés, profesor universitario especializado en literatura, descubre un día unha grave anomalía na novela que adquiriu para se entreter nun voo. O que comezou coma unha novela seria e harmoniosa convértese nunha disparatada aventura de detectives. Sen embargo, mantén os nomes dos personaxes e os seus contextos. É como se o libro se tivese desdobrado dunha forma moi estraña. Tras moitas cavilacións colixe que se hacha ante un experimento do autor, unha acción literaria vangardista desas nas que en ocasións é difícil coñecer o sentido.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
A ESTRAÑA QUE HAI EN TI
THE BRAVE ONE (2007)
Erica Bain (Jodie Foster) é unha locutora de radio neoiorquina, cuxa vida dá un xiro dramático cando unha noite, ela e o seu namorado (Naveen Andrews) reciben unha malleira buzaca na rúa pola cal el morre. Incapaz de superar a traxedia, Erica segue roldando a zona na que os atacaron, buscando pistas que a leven aos responsábeis. Un axente de policía (Terrence Howard) intúe as súas intencións e trata de evitar que se tome a xustiza pola súa man.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
A MOZA DA AUGA
LADY IN THE WATER (2006)
Cleveland Heep (Paul Giamatti) é un encargado dun bloque de apartamentos que rescata a unha moza misteriosa (Bryce Dallas Howard) que, en realidade, é un personaxe dun conto de fadas que está tentando voltar ao seu mundo. Cleveland envólvese cada vez máis coa muller, esforzándose para protexela das criaturas mortais que lle impeden voltar para casa.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
CARGO (2005)
Un inxenuo mozo (Brühl), vese envolvido nun desagradábel incidente coa policía tras roubar un brazalete nun mercado africano. Sen pasaporte nin diñeiro, o único xeito de voltar a Europa é embarcarse agochado. Ao pouco de zarpar, o rapaz é descuberto: a súa presenza é unha ameaza para a tripulación porque a mercadoría que levan é ilegal. Durante a viaxe, entaboa unha ambigua relación co capitán (Amolezan), un home temíbel e abalocado pola vida, pero que aínda conserva algo da súa antiga honradez.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
CIDADE DE LADRÓNS
THE TOWN (2010)
Mentres planifica o seu próximo golpe, Doug MacRay (Ben Affleck), un atracador de bancos de Boston, terá que ser quen de controlar os seus sentimentos por Claire (Rebecca Hall), a directora dun dos bancos que atracou. Ao mesmo tempo, tenta esquivar o axente do FBI (Jon Hamm) que segue as súas pegadas.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME