INTRIGA - CRIME (D-E-F)
FOGO CRUZADO
FIRE WITH FIRE (2012)
Un bombeiro fóra de servizo é testemuña dun asasinato a mans dunha banda de mafiosos. Entra no programa de protección de testemuñas até que testifique, pero non consegue ocultarse por moito tempo da banda, polo que decide actuar pola súa conta.
Servidor Audio/lingua
Subtítulos
FUNNY GAMES
FUNNY GAMES U.S. (2007)
Neste provocativo e brutal thriller da man do director Michael Haneke (que xa dirixiu a longametraxe do mesmo título de 1997 da que esta é un remake), unha familia que está de vacacións recibe a visita de dous mozos profundamente perturbados. As súas vacacións idílicas convértense nun pesadelo cando se lles somete a un terror inimaxinábel e a unha loita por sobrevivir.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
FURIA CEGA
DRIVE ANGRY 3D (2011)
Despois do asasinato da súa filla e do secuestro do seu neto, Milton (Nicolas Cage), cegado pola ira, convértese nun home vingativo que persegue implacablemente aos culpables. No seu desesperado afán de vinganza acompáñao unha sexy camareira (Amber Heard), á vez que é perseguido pola man dereita do mesmísimo diaño (William Fichtner).