INTRIGA-CRIME
DÉBEDA DE SANGUE
BLOOD WORK (2002)
O axente apousentado Terry McCaleb (Clint Eastwood) estábase recuperando dun transplante de corazón cando foi contratado por Graciela Rivers (Wanda De Jesus) para investigar a morte da súa irmá, Gloria. A moza, vítima dun asasinato misterioso, foi a doadora do corazón recibido por McCaleb. Durante as investigacións, o ex-axente reúne pistas que indican que o posíbel asasino de Gloria é, en realidade, un asasino en serie que McCaleb viña procurando hai anos no FBI.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
DÍA DE ADESTRAMENTO
TRAINING DAY (2001)
Todos os días, nos rueiros máis desfavorecidos das cidades dos Estados Unidos acontece unha guerra entre residentes, traficantes de droga e os que xuraron protexer uns dos outros. E de todo isto, un dos personaxes máis salientábeis é o sarxento Alonzo Harris, un axente dcon experiencia cuxos discutíbeis métodos fan difusa a liña entre a legalidade e a corrupción. Jake Hoyt, un policía recén chegado a narcóticos, comeza as súas roldas ás ordes de Alonzo para deprender del.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
ENTERRADO
BURIED (2010)
Despois de ser secuestrado, Paul Conroy (Ryan Reynolds), contratista civil en Iraq, espértase enterrado vivo nun vello ataúde de madeira con só un teléfono móbil e un chisqueiro. O teléfono podería ser a única cousa que o salvara dese mortal pesadelo., pero a precariedade da cobertura e a escasa batería semellan ser obstáculos insuperábeis na súa loita contra o tempo: só dispón de 90 minutos para ser rescatado antes de que se lle esgote o osíxeno.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
EXECUCIÓN INMINENTE
TRUE CRIME (1999)
Steve Everett é un xornalista con problemas de alcoholismo e é un mullereiro impenitente. O seu xeito de vida non só o desprestixiou profesionalmente, senón que ademais estragou o seu matrimonio. Atopa unha inesperada oportunidade cando lle encargan unha entrevista cun condenado a morte na véspera da súa execución. A pesar diso, decide investigar pola súa conta e certos indicios fanlle sospeitar que o home que vai ser executado é inocente.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
FALLEN (1998)
John Hobbes (Denzel Washington) é un detective que acha que tras a execución de Edgar Reese, un asasino en serie, rematáronse os problemas; só ían comezar. A xente que coñece empezan a cantar a mesma canción que Reese cantou na súa execución, Hobbes decátase de que quizais tralos crimes se atope Azazel, o anxo caído que foi condenado a vagar pola Terra e toma os corpos doutras persoas.
Servidor Audio/lingua Subtítulos