INTRIGA-CRIME (A-B-C)
Á BEIRA DO ABISMO
MAN ON A LEDGE (2012)
Nick Cassidy, un antigo axente de policía, foxe do cárcere e diríxese ao hotel Roosevelt de Nova York. Ao subirse á cornixa dun dos pisos máis altos, pon en perigo moito máis ca súa vida. A cidade enteira está a punto de quedarse paralizada, incluídos certos individuos que gardan grandes segredos.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
AO CRUZAR O LÍMITE
EXTREME MEASURES (1996)
Guy Luthan (Hugh Grant) é un médico inglés que traballa nun hospital de Nova York. Cando desaparece o corpo dun home que faleceu na súa sala de urxencias, fai preguntas que polo visto a ninguén lle agradan. O doutor Luthan segue coas súas indagacións e visita ao eminente cirurxián Lawrence Myrick (Gene Hackman). Entón Luthan comeza a decatarse, xa que hai algunhas persoas dispostas a impedir como sexa que coñeza os segredos do hospital, de que corre un serio perigo.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
A VENTÁ SECRETA
SECRET WINDOW (2004)
Potente thriller psicolóXico cunhas actuacións de xeito. Un escritor (Johnny Depp) vido a menos e metido de cheo nun proceso de separación da súa muller, sofre a chantaxe dun misterioso home que o acusa de plaxiar unha das súas historias.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
CAUSA XUSTA
JUST CAUSE (1995)
Notábel thriller policial onde se confronta un profesor de leis "garantista" cun caso da crua realidade, que remata afectándoo non só a el senón á súa familia. Hai 25 anos que non exerce a profesión, senón que só ensina na universidade, en Boston. Unha estraña circunstancia devólveo á práctica, co propósito de evitar lle execución dun mozo negro acusado de secuestro, violación e asasinato dunha nena branca nun pobo da Florida.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
CIDADE SEN LEI
EDISON (2005)
Josh Pollack (Justin Timberlake) é un novo reporteiro que investiga o asasinato dun traficante de drogas porque sospeita que hai algo turbido detrás do crime, en concreto nunha unidade de elite corrupta. O seu xefe (Morgan Freeman) bótao, pero ao ver que un policía (Dylan McDermott) ameaza a Pollack, vólveo readmitir. Os dous xornalistas, coa axuda doutro novo policía (LL Cool J.), van informar ao fiscal do distrito (Kevin Spacey).
Morgan Freeman / Justin Timberlake
Servidor Audio/lingua Subtítulos
CONSPIRACIÓN
CONSPIRACY THEORY (1997)
Jerry Fletcher (Mel Gibson) é un excéntrico taxista de Nova York. Todos cren que está tolo. Veterano do Vietnam, Jerry afirma que a NASA está provocando terremotos e, na próxima, asasinarán ao Presidente aproveitando que estará en Turquía. Sempre anda a acosar a Alice (Julia Roberts), a nova axudante do Fiscal. Pero de súpeto, os acontecementos semellan darlle a razón: uns homes con xeito de axentes do Goberno, secuéstrana e torturana.
Servidor Audio/lingua Subtítulos