C. FICCIÓN (L-M-N)
LANTERNA VERDE
GREEN LANTERN (2011)
Nun universo tan extenso como misterioso, unha pequena pero poderosa forza existiu durante séculos. Protectores da paz e a xustiza, reciben o nome dos "Lanterna Verde", irmandade de guerreiros que xuraron manter a orde intergaláctica, onde cada un leva un anel que lle concede superpoderes. Pero un antigo inimigo chamado Parallax ameaza con romper o equilibrio de poder no universo utilizando o poder amarelo do medo. O seu destino e o destino da Terra descansa nas mans do seu novo recruta, o primeiro humano seleccionado: Hal Jordan.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
MAD MAX 2. O GUERREIRO DA ESTRADA
MAD MAX 2.THE ROAD WARRIOR (1981)
Tralo holocausto nuclear, a gasolina convértese nun ben escaso e moi cobizado. Mad Max, heroe solitario, comeza unha loita sen acougo para axudar a unha colonia de superviventes constantemente atacada por un grupo de violentos guerreiros que tenta arrebatarlle un tanque de gasolina. Max decide axudar ós defensores do tanque.
Cartel en galego
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
MARS ATTACKS! (1996)
Parodia dos filmes de ciencia ficción dos anos 50. O caso é que uns pratiños voadores procedentes de Marte atópanse por riba de tódalas capitais do mundo, contendo a humanidade a respiración mentres agarda ve-las súas verdadeiras intencións; entre eles, o presidente dos Estados Unidos mailo seu asesor científico, o que lle asegura que serán completamente calmosos. Así e todo, os seus conselleiros militares aconséllanlle que aniquile óa ós marcianos antes de que sexa tarde.
Cartel en portugués
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
MENSAXEIRO DO FUTURO
THE POSTMAN (1997)
No ano 2013, tras dunha guerra apocalíptica, que destruíu gran parte da civilización do que un día foron os Estados Unidos de América, as xentes que sobreviviron ás pragas, as loitas fratricidas e tres rigorosos invernos intentan agruparse en poboados e levar unha vida máis segura. No medio deste apocalíptico panorama aparece un estraño personaxe cunha mensaxe de esperanza.
Cartel en galego
Cartel en portugués
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
BAIXAR FILME
MINORITY REPORT (2002)
Washington DC, ano 2054. A policía utiliza tecnoloxía psíquica para arrestar e axuizar aos asasinos antes de que cometan un crime. O futuro pódese predicir e os culpábeis son detidos pola unidade de elite Precrime antes de que poidan delinquir. As probas baséanse nos "precogs", tres seres psíquicos cuxas visións sobre os asasinatos nunca fallaron.
Servidor Audio/lingua Subtítulos
VER FILME
VER FILME
VER FILME
VER FILME