LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-10

 

O todopoderoso Thanos espertou coa promesa de arrasar con todo ao seu paso, portando o Guantelete do Infinito, que lle confire un poder incalculábel. Os únicos que son quen de pararlle os pés son os Vengadores e o resto de superheroes da galaxia, que deberán estar dispostos a sacrificalo todo por un ben maior.


 

Vicente e Mariña chegan a Ons para pasar o verán: el vén de ter un accidente, coas súas consecuencias psicolóxicas, e a viaxe ha ser un bálsamo para o seu matrimonio. A estancia prolóngase a petición de Vicente, e a medida que os días se van volvendo borrascosos, segredos gardados empezan a aflorar.


 

Evelyn (Emily  Blunt) e Le (John  Krasinski) son  unha  parella con tres  fillos que vive  nunha  granxa  illada de toda civilización  ao norte de  Nova York. Esta familia  sobreviviu durante meses  nun mundo invadido e  ameazado por  mortais criaturas extraterrestres que se guían polo son para cazar.


 

Conta a historia dun grupo de mulleres moi distintas, pertencentes a diferentes clases sociais que se reúnen semanalmente para practicar a calceta, unhas horas que aproveitan tamén para compartir os seus problema e preocupacións e loitar contra unha sociedade machista e clasista cunha trama de misterio, relacionada cunha serie de mortes que se producen na cidade, como fondo.

 


 

Gus é un veterano observador de béisbol de idade avanzada que está a perder aos poucos a vista. Por iso decide viaxar coa súa filla Mickey ata Atlanta para observar un novo talento. Pero as relacións entre pai e filla foron ultimamente bastante conflitivas.


 

A historia dun neno que sae dun coma e descobre que é o resultado dun experimento xenético...

 


 

En 1976 un avión de Air France con 248 pasaxeiros a bordo foi secuestrado por dous palestinos da Fronte Popular para a Liberación de Palestina e dous alemáns das Células Revolucionarias alemás, sendo desviado ao Aeroporto Internacional de Entebbe, en Uganda. Os secuestradores esixían a liberación de máis de 50 palestinos detidos en diferentes países.


 

Un grupiño de amigos que se reúne de xeito periódico pra pasar unha noite de xogos atópanse unha noite tratando de resolver o misterio dun asasinato.


 

O trasatlántico "Santa Isabel" que se dirixía cara á cidade de Bos Aires, afundiuse na madrugada do 2 de xaneiro de 1921 no suroeste da illa de Sálvora (Concello de Ribeira) con 268 persoas, das que só se puido salvar 55 grazas a axuda dos poboadores da illa, salientando a valentía de tres mulleres Cipriana Oujo, Josefa Parada e María Fernández que, tras coller as súas embarcacións, lograron rescatar a unhas 20 persoas. 


 

O tenente Cristofuoro é un veterano policía obsesionado co caso de Eric, un mozo de 18 anos que, tras pasar varios anos no cárcere acusado do crime da súa nai e padrasto, coñece a Lori, unha adolescente que fuxiu da casa e séntese atraída por el.

Convencido de que Eric é un posible asasino en serie, que pronto volverá actuar, o tenente Cristofuoro seguirá os pasos da parella.

Aínda que iso signifique pór en perigo a súa vida e carreira...


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática