LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-3

 

Harper, unha adolescente que acaba de romper co seu mozo, decide ir de festa cos seus amigos no Samaín. Aínda que a noite non semella demasiado boa, axiña establece unha conversa cun rapaz ben riquiño que lle esperta o seu interese. Varios mozos xuntaranse e decidirán entrar nunha casa enmeigada que promete ofrecer unha experiencia extrema explotando os seus medos máis profundos. A noite converterase nun inferno cando se decaten de que algúns monstros son reais.


 

En Montaña Cegoña, viven as cegoñas que hai tempo enviaban bebés aos pais de todo o mundo. Agora distribúen paquetes dunha compañía mundial de Internet. Junior, a mellor cegoña repartidora da compañía, está a punto de conseguir un ascenso, pero accidentalmente activa a Máquina de Produción de Bebés e o resultado é unha adorable nena ilegal.


 

Un orfanato indio está a piques de crebar e a directora, Isabel, precisa cartos pra sacalo adiante. Cando descobre que a organización vai recibir unha doazón importante por parte dunha empresaria norteamericana, viaxa a Nova York pra coñecer a Theresa. Porén, alí estará obrigada a afrontar un pasado do que fuxiu hai anos.


 

A doutora Ryan Stone, unha brillante enxeñeira especializada en medicamentos, está na súa primeira misión nun transbordador , co veterano astronauta Matt Kowalsky ao mando do seu último voo antes de retirarse. Pero nun paseo espacial, aparentemente de rutina, desencadéase o desastre. O transbordador queda destruído, deixando a Stone e Kowalsky completamente sós, unidos o un ao outro e dando voltas na escuridade.


 

Youngho navega entre o seu soño de se converter en actor, os seus dilemas amorosos e as expectativas dos seus pais: un prestixioso acupuntor co que mantén unha relación distante e unha nai inqueda que o anima a centrarse na súa carreira. Cando a súa moza Juwon decide viaxar a Berlín para estudar deseño de moda, Youngho sorpréndea cunha visita.


 

O desmantelamento do vello Hospital Real para transformalo nun hotel de luxo enche as rúas de Santiago de Compostela de enfermos, peregrinos perpetuos e pobres. Acontece que a noite é negra, como o futuro, e vólvese longa. Así, unha noite de apracíbel vagabundeo convértese nunha tola carreira pola supervivencia de dous estraños unidos pola dor que, non podendo cambiar o mundo, por moito que o intentan, loitan, polo menos, e con todas as súas forzas, por chegar a velo, outra vez, mañá.


 

Mary Wollstonecraft Godwin é unha muller nova extrovertida de dezaoito anos que tras coñecer ao carismático poeta Percy Shelley, un home con ideas avanzadas para a época, namórase a primeira vista. A pesar da diferenza de idade inician un romance, que se complica cando a familia de Mary o descobre, prohibindo a ámbolos dous amantes que volvan verse. Para escapar dos rumores constantes, os dous vanse con Claire, a medio-irmá de Mary, a unha casa que ten Lord Byron no lago  Lemán, en Suíza, Alí Mary concibe a idea de  Frankenstein.


 

Pablo é un médico militar enviado en misión de paz a Iraq durante a guerra de 2003. Nunha saída rutineira, o seu convoi é atacado no deserto. El e o seu amigo Diego logran salvarse refuxiándose nunha casa deshabitada. Convalecente, é devolto á casa xunto coa súa muller e filla. Ó ir recuperando as lembranzas comeza a sospeitar que lle ocultan información e négase a secundar a versión oficial dos feitos. Comeza para entón un pesadelo para el e a súa familia.    


 

Nos longos e silenciosos corredores dun hospital, avanza a figura trémula de Ventura, posuído por un soño febril. Lembra o seu Cabo Verde natal, que abandonou na súa xuventude para se gañar a vida en Lisboa, onde, ao igual ca os seus, viviu sempre desprazado. Vitalina, que viaxou a Portugal para asistir ao funeral do seu esposo, recórdalle a Ventura unha pelexa adolescente na que este acoitelou a outro home. Na mente de Ventura ábrese un pasadizo secreto entre a Lisboa actual e o 25 de abril de 1974. Mentres a revolución ruxe nas rúas, a xente busca a Ventura, perdido no bosque.


 

Aristides Leónides é o patriarca dunha adiñeirada familia de orixe grega que será asasinado pouco despois de que a súa neta presente á familia ao seu prometido, fillo dun detective de Scotland Yard, que será quen deberá resolver o crime. Adaptación da novela de Agatha Christie.


 

Cando o millonario James King (Ferrell) condenano a ingresar no cárcere por un delito que en realidade non cometeu, contratará os servizos de quen lle limpa o coche, ó mesmo tempo un delincuente habitual (Hart), para que lle amose o xeito de comportarse para sobrevivir no cárcere.


 

Ao ver que a vida na Terra está chegando ao seu fin, un grupo de exploradores dirixidos polo piloto Cooper e a científica Amelia emprenden unha misión que pode ser a máis importante da historia da humanidade: viaxan máis alá da nosa galaxia para descubrir outra que poida garantir o futuro da raza humana.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16,


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática