LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-11

 

Alanis traballa como prostituta. Ten un neno pequeno e comparte con Gisela, unha compañeira, un apartamento no que vive e atende aos seus clientes, ata que dous inspectores municipais clausuran o seu fogar e levan a Gisela, acusada de trata. Alanis chega chea de enganos ao local da súa tía, fronte a Praza Miserere. Dende ese rueiro perigoso, Alanis tenta recuperar a súa dignidade, axudar á súa amiga e coidar ao seu fillo.


 

Clarisse marcha da casa e deixa o seu home Marc e máis os pequenos. A vida continúa tras a súa fuxida: o seu home prepara agora os almorzos, a súa filla Lucie entrégase en corpo e alma ás leccións de piano e Paul, o máis novo, non deixa de se facer preguntas. Entre tanto, Clarisse afástase cara ao mar, no coche, e imaxina como os seus fillos medran e como Marc se fai vello sen ela. Pero é en realidade unha fuxida cara a diante? Se cadra Clarisse só quere comezar de novo, inventar un novo final.


 

SINOPSE: Spin-off de "The Lego Movie", con Batman como protagonista. Nesta ocasión, o irreverente superheroe, que tamén ten algo de artista frustrado, intentará salvar a cidade de Gotham dun perigoso vilán, o Joker. Pero non poderá facelo só e terá que aprender a traballar cos seus demais aliados.


 

Anxo volve á súa cidade natal do rural galego. Alí coñece o resentimento tanto de vencedores como de vencidos, que o ven en perigo de afondar en recordos que pensaban esquecidos.


 

Un grupo de amigos deciden xogar a unha partida a Verdade ou reto. Pero o que inicialmente semella unha inofensiva partida onde cada un dos participantes revelan de xeito despreocupado os seus aparentes segredos ou aceptan enfrontarse a un reto, todo termina converténdose nun misterioso xogo letal onde alguén, ou algo, comezará a perseguir e a asasinar aos diferentes participantes da partida se non cumpren o reto ou non din a verdade.


 

No oeste de Texas, na década de 80, Llewelyn Moss (Josh Brolin), veterano do Vietnan, aproveita unha venda mal feita de drogas para fuxir con dous millóns de dólares. Porén, el pasa a ser perseguido por un violento e implacábel asasino (Javier Bardem), que nin mesmo o sherif Bell (Tommy Lee Jones) pode conter.


 

Unha banda de ladróns tenta realizar un enorme roubo ao Tesouro dos Estados Unidos para facerse cun botín de 600 millóns de dólares mentres un furacán categoría 5 achégase ao lugar. .


 

No norte de Italia, os von Ketten disputan as forzas do episcopado de Trento. Herr Ketten busca casarse nun país afastado, Portugal. Volvendo a casa da súa viaxe de lúa de mel, Ketten marcha de novo á guerra. Pasan once anos. Correron os rumores sobre a presenza daquel “estranxeiro” no castelo. Algúns din que é unha herexe.


 

Haivos moito tempo, nun afastado lamazal, vivía un ogro túzaro chamado Shrek. De súpeto, un día, a súa soidade vese interrompida por unha invasión de abraiantes personaxes. Hai ratiños cegos na súa comida, un enorme lobo na súa cama, tres porquños sen fogar e outros seres que foron botados da súa terra polo malvado Lord Farquaad. Para salvar o seu territorio, Shrek fai un pacto con Farquaad e emprende viaxe para conseguir que a bela princesa Fiona acceda a ser a noiva do Lord. 


 

Remake do filme blaxploitation de 1972 ' Superfly', no que un traficante afroamericano dáse conta de que deixar atrás a súa vida criminal é máis difícil do que esperaba. Un traficante de cocaína decide facer un último trato antes de deixar o negocio.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática