TRAILERS-7

 

Trinta anos despois, Breixo, un escritor de éxito, volve á aldea na que pasou os seus mellores anos. En 1977 era un rapaz e atopou preto da súa aldea unha comuna rexida por ideais alternativos, sen propiedade privada e en comuñón coa natureza. A pesar da oposición das autoridades, Breixo uniuse á comuna para recuperar a aldea perdida de Vilamor. Porén todo cambiou cando el namorou de Sonia: Incapaz de conxugar máis coas ideas de amor libre, do ateísmo ou de tolerancia coas drogras, Breixo dicidiu, con grande pesar, deixar Vilamor.


 

(Tráiler 1). Scott  Pilgrim (Michael Cera) é un mozo que coñece á muller dos seus soños,  Ramona V.  Flowers ( Mary Elizabeth  Winstead). Pero para conquistar o seu corazón, deberá primeiro loitar e vencer aos seus sete malvados  ex-noivos, misión farto complicada, pois teñen poderes especiais.


 

Oskar Schell, un neno precoz de once anos, é inventor, deseñador de xoias, astrofísico e pacifista. Tras a morte do seu pai nos atentados do 11 de setembro de 2001, Oskar atopa un misterioso sobre cunha chave e lánzase á procura da pechadura que esa chave pode abrir..


 

Engurras narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que chega á residencia nun estado inicial de Alzheimer recibe a axuda de Miguel e outros compañeiros para non rematar na planta superior da residencia, o temido piso dos asistidos que é como chaman alí aos desafiuzados. O seu aloucado plan tingue de comedia e tenrura o pesado día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas acabaran, eles comezan unha nova.


 

Ao veterano mercenario Jimmy Conlon, coñecido como o "cavatumbas", perségueno os crimes do pasado a soldo da mafia irlandesa de Brooklyn, liderada por Shawn Maguire, pero tamén o policía que lle seguiu a pista durante 30 anos. Cando se decata que o seu fillo Mike corre perigo, Jimmy ten que elixir entre o clan criminal ao que pertenceu sempre e a súa familia, á que abandonou hai moito tempo.


 

Mark Whitacre, un executivo cun porvir brillante dentro da macroempresa Archer Daniels Midland (ADM), no área da industria agrícola, convértese de súpeto nun informante. Mentres informa ao FBI da conspiración da súa empresa para fixar prezos a nivel multinacional, Whitacre contémplase a si mesmo aclamado como heroe e obxecto dun ascenso. Pero antes de que suceda iso, o FBI necesita probas, así Whitacre préstase con entusiasmo a levar unha gravadora oculta na súa maleta, e imaxínase que é algo así como unha especie de axente secreto.


 

PROCURAR POR:

Iniciais do título