LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-5

 

Ninjago estivo en paz dende que os ninjas venceron a Ronin, con todo, cando un desaparecido señor da guerra volve para reclamar a pedra dos elementos, os ninjas terán que xuntarse con Sensei, Samurai, dragóns e loitadores elementais para loitar contra os bruxos, guerreiros pantasma e a misteriosa liga dos ninjas silenciosos.


 

Conta a historia de Emmet, unha figuriña de Lego moi normal e leal ás normas, que é sinalada erroneamente como a persoa máis marabillosa, a clave para salvar o mundo. Vese inmerso nunha busca épica para deter un malvado tirano, unha aventura para que Emmet non está preparado.


 

Franky é un ladrón de diamantes que ten que entregar unha enorme peza ao seu xefe Avi, pero no camiño é tentado por Boris para apostar nun combate de boxeo ilegal. En realidade é unha trampa para atracalo, polo que cando Avi se entera, contrata a Tony para atopar a Franky mailo diamante. Axiña se descobre o triste destino de Franky, a partir daí os máis variopintos personaxes loitan con todo tipo de armas, traizóns e enganos para atopar a valiosa xema.


 

Lyudmila Pavlichenko é unha estudante rusa que, durante a guerra, viuse na obriga de alistarse no exército no ano 1941. A moza resultou ser unha francotiradora nata, a súa impresionante habilidade e destreza fan que destaque entre homes e mulleres por igual. Ao descubrir en Pavlichenko unha grande ameaza, o alto mando alemán dá ordes de eliminar a rapaza a calquera prezo.


 

Nalgún lugar de España, un samurái espera paciente para cumprir unha misión que outrora lle foi encomendada: protexer a Chave de Izanagi do mal. A Chave, formada por poderosas pezas, pecha unha porta que franquea o limiar do mundo.

Gisaku é a historia dunha loita entre o ben e o mal, na que un grupo de personaxes moi opostos deberán traballar en equipo para impedir a Gorkan, o Señor das Tebras, que cumpran o seu obxectivo: invadir o mundo. 


 

Fai oito anos que Batman desapareceu na escuridade, deixando de ser un heroe para converterse en fuxitivo.
Ao asumir a culpa pola morte do fiscal do distrito Harvey Dent, o Cabaleiro Escuro decidiu sacrificalo todo polo que consideraba, do mesmo xeito que o Comisario Gordon, un ben maior.
A mentira funciona durante un tempo, xa que a actividade criminal da cidade de Gotham vese aplacada grazas á dura Lei Dent. Pero todo cambia coa chegada dunha lercha gata ladroa, que pretende levar a cabo un misterioso plan.


 

Unha mañá o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a beiramar. Se non tivese as mans atadas, Justo Castelo sería outro dos fillos do mar que encontrou a súa tumba entre as aguas mentres faenaba. Sen testemuñas ni rastro da embarcación, o inspector Leo Caldas somérxese no ambiente mariñeiro do pobo para esclarecer o crime, pero os veciños resístense a desvelar a súas sospeitas.


 

A película será unha  precuela que explicará os sucesos que propiciaron a primeira purga, a tradición que permite aos cidadáns estadounidenses realizar calquera actividade criminal de forma legal durante un día co obxectivo principal de reducir a criminalidade durante o resto do ano.


 

Batman regresa para continuar a súa guerra contra o crime.Coa axuda do tenente Jim Gordon e do fiscal do distrito Harvey Dent, Batman proponse acabar co crime organizado na cidade de Gotham. O triunvirato demostra a sua eficacia, pero, de súpeto, aparece o Joker, un novo criminal que desencadea o caos e ten aterrados ós cidadáns.


 

María Soliña é unha dos personaxes lendarios da cultura galega que mellor define a loita contra a adversidade e a represión do poder. A súa historia resume á perfección a persecución á que se viron sometidas moitas mulleres, non so en Galicia senón tamén en toda Europa, acusadas de bruxería e xulgadas polo Tribunal da Inquisición. María Soliña converteuse nunha icona da cultura galega, a súa historia foi transmitida de xeito oral para ser tratada ó longo de todos estes anos por numerosos artistas e historiadores ata convertela nunha nova Juana de Arco.


 

Un solitario taxista circula de noite polas rúas dunha cidade. No mesmo lugar, o encontro casual entre un home de negocios e unha muller lévanos a unha aventura, a un deserto, a un crime… Dhogs é un relato imprevisíbel e obsesivo, situado nos lindes da ficción. Cando non sabes que pasará despois. 


 

Violette está en idade de casar cando en 1852 o seu pobo é brutalmente privado de todos os seus homes tras a represión ordenada por Napoleón III. As mulleres pasan meses illadas totalmente. Desesperadas por ver aos seus homes de novo, fan un xuramento: se un home vén, será para todas. A vida debe continuar no ventre de todas e cada unha delas.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16,


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática