LISTADO  TRÁILERS

TRAILERS-2

 

Rachel (Emily Blunt) é unha muller devastada polo seu recente divorcio que pasa todas as mañás camiño do traballo fantasiando coa vida dunha parella aparentemente perfecta que vive nunha casa por onde pasa o tren todos os días. Unha mañá Rachel é testemuña dun suceso impactante, dende a xanela do tren e vese involucrada no misterio que ela mesma


 

Os habitantes de Tickel Head, unha vila costeira do Canadá, outrora orgullosos pescadores, hoxe vense na obriga de vivir de subsidios. O seu destino pode cambiar cando unha empresa pretende instalar unha pequena fábrica, pero cunha condición: que a vila teña un médico residente. Os habitantes non o ven posíbel, pero axiña se decatan de que un novo doutor deberá pasar un mes en Tickel Head. Conscientes da súa única posibilidade, deciden converter a vila no lugar ideal para converterse no fogar do médico.


 

Juan traballa para os servizos segredos. Co obxectivo de ter acceso ao chalé dunha parella implicada no tráfico de armas, achégase a Wendy, a asistenta filipina que vive na casa e establece con ela una relación que se volverá cada vez máis complexa. En paralelo, realiza outros traballos 'non oficiais' para protexer os intereses das elites máis poderosas do país, que agora teñen postos os seus ollos en Ángel González, un político que semella estar limpo de corrupcións.


 

Tras varios anos vivindo nos Estados Unidos, Sangok regresa a Seúl para reencontrarse coa súa irmá e o seu sobriño. Mentres se afai á vida en Corea, descobre novos lugares, pasea por un parque ou busca a antiga casa na que se criou, convertida agora nunha tenda. Aínda que leva moitos anos sen traballar como actriz, Sangok decide atoparse cun famoso director de cinema máis novo que ela, que lle propón participar no seu próximo filme. Sangok vive a vida no presente, pero, a pesar do seu desexo de regresar á interpretación, garda un segredo que a fai dubidar.


 

Dous francotiradores, un estadounidense e outro iraquí, enfróntanse nunha paisaxe deserta nalgún lugar de Iraq.


 

Historia dunha desfasada despedida de solteiro na que o noivo e tres amigos móntanse unha gran esmorga nas Vegas. Como era de agardar, á mañá seguinte teñen unha resaca tan monumental que non poden lembrar nada do ocorrido a noite anterior. O máis extraordinario é que o noivo desapareceu e na suite do hotel atópase un tigre e un meniño.


 

Vitalina aterra en Lisboa tres días despois do funeral do seu marido Joaquim. Foi campesiña durante toda a súa vida en Cabo Verde e estivo agardando ese billete de avión máis de 25 anos para reunirse con el. No barrio ninguén a coñece, ninguén a conforta, os veciños desconfían. Pasa apenada os días e as noites como un pesadelo, pechada na casa de Joaquim. Alí descobre a súa vida segreda, as cinzas da súa relación e a pobreza dun soño do que só quedan os cimentos.


 

Despois de ser secuestrado, Paul Conroy, contratista civil en Iraq, espértase enterrado vivo nun vello ataúde de madeira con só un teléfono móbil e un chisqueiro. O teléfono podería ser a única cousa que o salvara dese mortal pesadelo., pero a precariedade da cobertura e a escasa batería semellan ser obstáculos insuperábeis na súa loita contra o tempo: só dispón de 90 minutos para ser rescatado antes de que se lle esgote o osíxeno. 


 

Está baseado nun texto anónimo do século XIX, onde unha moza e os seus amigos descobren un misterio que existe nunha casa de campo galega con moita historia. Para as amigas de Nerea todo é misterio e aventura, e para ela é unha experiencia espiritual que nunca esquecerá. A amizade e o compañeirismo combínanse coa aventura que permite comprender o que realmente acontece no lugar.


 

Neste provocativo e brutal thriller da man do director Michael Haneke (que xa dirixiu a longametraxe do mesmo título de 1997 da que esta é un remake), unha familia que está de vacacións recibe a visita de dous mozos profundamente perturbados. As súas vacacións idílicas convértense nun pesadelo cando se lles somete a un terror inimaxinábel e a unha loita por sobrevivir.


 

O filme xira ao redor dunha familia burguesa que posúe unha empresa en Calais, á beira dos campamentos onde viven miles de refuxiados.


 

Historia da vida do afroamericano Jackie Robinson (Chadwick Boseman), lendario xogador de béisbol que rompeu as barreiras raciais, tras asinar cos Dodgers de Brooklyn baixo a dirección do executivo Branch Rickey (Harrison Ford). A participación de Robinson na gran liga de béisbol supuxo a fin dunha era de segregación racial neste deporte.


 

1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,

14,15,16,


PROCURAR POR:

Iniciais do título


Temática